Lexión Cóndor

unidade militar alemá na guerra civil española

A Lexión Cóndor foi un grupo de voluntarios da forza aérea da Alemaña nazi, a Luftwaffe, enviado para apoiar ás forzas nacionais durante a Guerra Civil española, o longo da súa tarefa contou con tres comandantes: Hugo Sperrle, Helmuth Volkmann e Wolfram von Richthofen.

Lexión Cóndor
Tipounidade militar
Data de fundación1936
Data de disoluciónmarzo de 1939
PaísAlemaña nazi
editar datos en Wikidata ]
Tumba de soldados da lexión Cóndor no cemiterio da Almudena (Madrid).

A axuda consistiu tanto en apoio loxístico, transporte de tropas, subministracións etc., como en apoio en accións de ataque con avións de caza e bombardeiros (como o famoso bombardeo de Guernica ou os bombardeos de Xixón[1]), carros de combate e artillaría; nos seus tres anos de vida pasaron pola Lexión Cóndor 18.000 homes, aínda que nunca se superaron os 5.600 nun mesmo período de tempo.

A intervención alemá na Guerra Civil permitiu mellorar a calidade dos seus aparellos e reparar os defectos da súa arma aérea, preparándoa para a ofensiva mundial que Hitler estaba planeando, así se explica a gran cantidade de reemprazos, para que puidesen conseguir experiencia de combate o maior número de efectivos posibles.

O número de baixas da Lexión Cóndor foi de 299 persoas.[2]

Contexto editar

Tralo fracaso do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en numerosos lugares de España, o bando rebelde, viuse obrigado a controlar militarmente as zonas non afíns o seu movemento.

Condecoracións editar

 
A Panzertruppenabzeichen, insignia de carrista da Lexión Cóndor.
  • Panzertruppenabzeichen der Legion Condor. Tomando como referencia a insignia dos carristas alemáns da primeira guerra mundial, creouse en setembro do 36 unha insignia con carácter extraoficial. Dita insignia consistía nunha caveira e un carro de combate, rodeados por unha coroa de loureiro, en prata. Como requisito estipulouse a permanencia de máis de tres meses na unidade de carros da Lexión, e non ter ningún arresto nin sanción. Concedéronse 415 insignias, e existiu unha en ouro, a do comandante carrista, Von Thoma recibida durante o desfile da Vitoria en Madrid. O 10 de xullo de 1939 foi recoñecida oficialmente polo Comandante en xefe do Heer.
  • Spanienkreuz ou Cruz de España. Instituíuse o 14 de abril de 1939, habendo dous modelos, con espadas para combatentes e sen elas para persoal non combatente. Consistía nunha Cruz de Malta e no centro desta a esvástica, estando entre cada extremo da cruz, o emblema da Luftwaffe. Non só foi entregada a membros da Lexión Cóndor, senón as tripulacións de buques alemáns que participaron en accións de combate na Guerra civil. Concedéronse en total unhas 26.116.
  • Cruz de Honor para os familiares dos combatentes caídos en España. Instituída o 14 de abril de 1939, para distinguir ós familiares dos alemáns caídos na contenda española. Nunha soa categoría e unicamente unha por familia, parecíase moito á Spanienkreuz, pero esta levábase cunha cinta e era máis reducida. Concedéronse 315, aínda que as baixas oficiais foron 299 a diferenza pódese explicar polas persoas que morreron por mor das feridas ou enfermidades contraídas durante a guerra.
  • Distintivo de ferido. Instituíuse o 22 de maio de 1939 co nome oficial de: "Insignia de Ferido para os Voluntarios Alemáns na Guerra de Liberación Española". Baseábase na insignia de ferido da primeira guerra mundial, un casco e dúas espadas entrecruzadas rodeados dunha coroa de loureiro, coa excepción de que levaba a esvástica sobre o casco. Había varias categorías en función do número de veces ferido: Ouro: cinco veces, Prata: dúas veces, Negro: unha vez.

Datos de interese editar

 
Messerschmitt Bf 109C empregado pola Lexión Cóndor.

Avións empregados

Hitler dixo cara ao final da Guerra Civil: "Agora que a guerra remata, xa non lles queda nada por aprender aos nosos soldados".[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Documentación '1936 Xixón 1937' acompañante á exposición "Gijón bajo las bombas/Xixón so les bombes", Antigo Instituto Jovellanos, Xixón 2019
  2. Raúl Arias Ramos, La Legión Cóndor. Imágenes inéditas para su historia, Editorial Agualarga, Madrid, 2002.