A esvástica é un símbolo místico encontrado en moitas culturas en tempos distintos, dos indios hopi aos aztecas, dos celtas aos budistas, dos gregos aos hindús. Algúns autores cren que a esvástica ten un valor especial por ser encontrada en moitas culturas sen contactos unhas coas outras. A considerada a máis antiga representación dunha esvástica que se coñece apareceu nunha figuriña dunha ave realizada en almafí de mamut que se atopou en Ucraína e que data do ano 10.000 a.C [1] aínda que publicacións detalladas desa escavación arqueolóxica non mencionan a aparición da esvástica [2]

Esvástica levoxira nunha estela funeraria romana, exposta no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

Características editar

Os símbolos a que chamamos así posúen detalles gráficos bastante distinguidos. Varios deseños usan figuras con tres liñas. A nazi ten os brazos apuntando para o sentido horario, ou sexa, indo para a dereita e roda a figura de modo a un dos brazos estar no cumio. Outras non teñen brazos e consisten de cruces con liñas curvas. Os símbolos islámicos e malteses parecen máis hélices do que propiamente esvásticas.

Na China hai un símbolo de orientación cuádrupla, que segue os puntos cardeais; desde o ano 700 ela asume alí o significado de número dez mil. No Xapón, é usada para representar templos e santuarios en mapas, ben como noutros países do extremo oriente.

Notas editar

  1. Campbell, Joseph. The Flight of the Wild Gander: Explorations in the Mythological Dimension : Selected Essays, 1944-1968. p. 117. 
  2. Golan, Ariel. Prehistoric Religion: Mythology, Symbolism. p. 292. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar