Boulton Paul Defiant

O Boulton Paul Defiant era un interceptor británico que operou coa Royal Air Force (RAF) durante a segunda guerra mundial. O Defiant foi deseñado e fabricado por Boulton Paul Aircraft como un "caza de torreta", sen ningún canón fixo que disparase cara a adiante, unha configuración que tamén usaba o Blackburn Roc da Royal Navy.

Boulton Paul Defiant
Tipocaza, caza nocturno, adestrador, remolcador de brancos
FabricanteBoulton Paul Aircraft
Deseñado porJohn Dudley North
Primeiro voo11 de agosto de 1937
Introducidodecembro de 1939
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Forza Aérea de Australia
Real Forza Aérea do Canadá
Forza Aérea de Polonia
Unidades construídas1 064

En combate o Defiant foi efectivo destruíndo bombardeiros, o rol para o que fora deseñado,[1] pero era vulnerabe ao máis manobrable caza Messerschmitt Bf 109 da Luftwaffe. O Defiant deseñárase para destruír bombardeiros sen escolta a través de ataques ventrais[2][3] e polo tanto carecía de armamento que disparase cara a adiante, o que demostrou ser unha gran debilidade en combates diúrnos contra cazas. Porén, tivo éxito cando se converteu nun caza nocturno.[4] Finalmete equipou a trece escuadróns nese rol,[5] en comparación con só dous escuadróns como caza diúrno,[6] aínda que en parte isto debeuse á lenta produción inicial.[7] A mediados de 1942 foi substituído por mellores cazas nocturnos, o Bristol Beaufighter e o de Havilland Mosquito.[5]

O Defiant continuou operando como adestrador de artilleiros, remolcador de brancos, contramendidas electrónicas, e rescate no mar. Entre os pilotos da RAF era alcumado "Daffy".[8]

Notas editar

  1. Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 334
  2. Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 334
  3. Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 145
  4. Wheeler 1992, p. 48.
  5. 5,0 5,1 Cagill 2005, p. 44
  6. Cagill 2005, p. 41
  7. Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 309
  8. "Boulton Paul Defiant". Tangmere Museum (en inglés). 2009-08-01. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 2022-04-02. 

Bibliografía editar

  • Caygill, Peter. Flying to the Limit: Testing WW II Single-engined Fighters. Casemate Publishers, 2005. ISBN 978-1-84415-226-1
  • Wheeler, Barry C. The Hamlyn Guide to Military Aircraft Markings. London: Chancellor Press, 1992. ISBN 1-85152-582-3.