Real Forza Aérea de Australia

forza aérea e espacial de Australia

A Real Forza Aérea de Australia (RAAF) é a principal forza aérea e espacial de Australia. Forma parte da Forza de Defensa de Australia (ADF) xunto coa Armada Real de Australia e o Exército de Australia.[1] Constitucionalmente, o Gobernador Xeral de Australia é o Comandante en Xefe de jure da Forza de Defensa de Australia. A Real Forza Aérea de Australia está comandada polo Xefe da Forza Aérea (CAF), que está subordinado ao Xefe da Forza de Defensa (CDF). O CAF tamén responde directamente ao Ministro de Defensa, administrando o Departamento de Defensa a ADF e a Forza Aérea.[2]

Real Forza Aérea de Australia
Royal Australian Air Force
Activa31 de marzo de 1921
PaísAustralia Australia
RamaForza Aérea
Papelguerra aérea
Tamaño14 313 persoal activo
5 499 reserva
282 aeronaves
Lema(s)Per Ardua ad Astra
Páxina webairforce.gov.au
Insignias

Formouse en marzo de 1921 como Forza Aérea de Australia a través da separación do Corpo Aéreo de Australia do Exército en xaneiro de 1920, que á súa vez fusionou os servizos aéreos do Exército e da Armada. Continúa as tradicións do Corpo Aéreo de Australia (AFC), o corpo aéreo do Exército que loitou na primeira guerra mundial e que naceu o 22 de outubro de 1912.[3]

Durante a súa historia a Real Forza Aérea de Australia loitou en varios grandes conflitos, como a segunda guerra mundial en Europa e no Pacífico, participou na ponte aérea de Berlín, na guerra de Corea, na Emerxencia malaia, na confrontación indonesio-malaia, na guerra de Vietnam, e máis recentemente en operacións en Timor Leste, na guerra de Iraq, e na guerra de Afganistán.

Opera a meirande parte das aeronaves de á fixado ADF, aínda que tanto o Exército como a Armada tamén operan aeronaves en varios roles.[4][5] A RAAF proporciona apoio a través dun espectro de operacións tales como a superioridade aérea, ataques de precisión, intelixencia, recoñecemento e vixilancia, mobilidade aérea, vixilancia espacial, e apoio humanitario. A RAAF ten 282 aeronaves, das cales 109 son avións de combate.[6]

Historia editar

Formación editar

A RAAF ten a súa orixe na Conferencia Imperial de 1911 celebrada en Londres, onde se decidiu que debería desenvolverse a aviación dentro das forzas armadas do Imperio Británico. Australia implementou esa decisión, sendo o primeiro dominio en facelo, aprobando a creación do "Australian Aviation Corps". Este consistía inicialmente na Escola Central de Voo de Point Cook, Victoria, inaugurada o 22 de outubro de 1912.[7] En 1914 o corpo era coñecido como "Australian Flying Corps".[8]

Primeira guerra mundial editar

Pouco despois do estoupido da guerra en 1914, o Australian Flying Corps enviou aeronaves para axudar a capturar colonias alemás no que hoxe é o nordés de Nova Guinea. Porén, esas colonias rendéronse rapidamente, antes de que os avións fosen desempaquetados. Os primeiros voos operacionais non chegarían ata o 27 de maio de 1915, cando a Media Escuadrilla de Mesopotamia foi chamada para axudar ao Exército da India para proporcionar apoio aéreo durante a Campaña de Mesopotamia contra o Imperio Otomán, no que agora é Iraq.[9]

O corpo combateu posteriormente en Exipto, Palestina e na fronte occidental durante o resto do conflito. Ao final da guerra catro escuadróns (Nos. 1, 2, 3 e 4) entraran en combate, mentres que outros catro escuadróns de adestramento (Nos. 5, 6, 7 e 8) foran tamén creados. Un total de 460 oficiais e 2 234 soldados con outros rangos servían na AFC, mentres que outros 200 homes servían como tripulantes nos servizos aéreos británicos.[10] Entre as baixas durante a guerra houbo 175 mortos, 111 feridos, 6 gaseados e 40 capturados.[11]

Período de entreguerras editar

O Australian Flying Corps seguiu sendo parte do Exército ata 1919, condo se disolveu xunto coa Primeira Forza Imperial Australiana (AIF). Aínda que Escola Central de Voo continuou operando en Point Cook, os voos militares cesaron virtualmente ata 1920, cando se formou cmo unha unidade do Exército o interino Australian Air Corps (AAC), cunha rama do Exército e outra da Armada.[12] O AAC foi sucedido pola Forza Aérea de Australia, formada o 31 de marzo de 1921.[13] O rei Xurxo V aprobou o prefixo "Real" en maio de 1921, volvéndose efectivo o 13 de agosto de 1921. A RAAF converteuse entón na segunda forza aérea Real formada na Commonwealth, tras a Royal Air Force británica. Cando naceu,a RAAF tiña máis aeronaves que persoal, con 21 oficiais e 128 homes doutros rangos e 153 avións.

Como os construtores aeronáuticos británicos da época non podían cumprir cos requirimentos australianos, ademais das demandas de produción británicas, o goberno australiano estableceu a Commonwealth Aircraft Corporation en 1936 e mercou algúns avións aos Estados Unidos.[14]

Segunda guerra mundial editar

Europa e o Mediterráneo editar

 
CAC Boomerang da RAAF en 1944

En setembro de 1939 a Xunta Aérea Australiana controlaba directamente a Forza Aérea a través das bases: RAAF Station Laverton, RAAF Station Richmond, RAAF Station Pearce, No. 1 Flying Training School RAAF en Point Cook, RAAF Station Rathmines e outras cinco unidades máis pequenas.[15]

Xunto antes do estoupido da segunda guerra mundial, Australia uniuse ao Empire Air Training Scheme, a través do cal as tripulacións recibían adestramento básico en Australia antes de viaxar ao Canadá para recibir adestramento avanzado. Un total de 17 escuadróns da RAAF, de bombardeo, caza, recoñecemento e outros, serviron inicialmenre nas Illas Británicas e coa Forza Aérea do Deserto no Norte de África e no Mediterráneo. Milleiros de australianos tamén serviron noutras forzas aéreas da Commonwealth en Europa durante o conflito.[16] Un 9% do persoal que serviu na RAF británica en Europa e no Mediterráneo era persoal da RAAF.[17]

Como os fabricantes británicos estaban no punto de mira da Luftwaffe alemá, en 1941 o goberno australiano creou o Departamento de Produción de Aeronaves (DAP) para subministrar avións ás forzas aéreas da Commonwealth,[18] e a RAAF finalmentefíxose cunha gran cantidade de versións de avións británicos construídas localmente, comoo torpedeiro DAP Beaufort, o Beaufighter e o Mosquito, así como outros tipos como os Wirraway, Boomerang, e Mustang.[16]

No teatro europeo o persoal da RAAF destacou no Mando de Bombardeo da RAF: aínda que só representaban o 2 % de todos os australianos alistados durante a guerra, representaron case o 20% dos mortos en acción.

Pacífico editar

 
Brewster Buffalo da RAAF en Singapur

O inicio da guerra no Pacífico e o rápido avance xaponés amenazaron o territorio australiano por primeira vez na súa historia. A RAAF non estaba o suficientemente preparada para a situación, e inicialmente tiña forzas insignificantes dispoñibles para servir no Pacífico. En 1941 e principios de 1942, moitos tripulantes da RAAF, incluídos os dos escuadróns 1, 8, 21 e 453, combateron no Comando do Afastado Oriente da RAF nas campañas de Malaisia, Singapur e das Indias Orientais Neerlandesas. Equipados con avións como o Brewster Buffalo e o Lockheed Hudson, os escuadróns australianos tiveron grandes perdas contra os Zero xaponeses.[19]

Durante a batalla de Rabaul a principios de 1942, o escuadrón 24 da RAAF loitou brevemente, defendéndose de forma inútil, cando os xaponeses dirixíanse cara o sur, cara Australia.[20] Os devastadores ataques aéreos en Darwin o 19 de febreiro de 1942 incrementou as preocupacións sobre a ameaza directa á que se enfrontaba Australia. Como resposta, algúns escuadróns da RAAF foron transferidos do hemisferio norte, aínda que un número considerable deles permaneceu alí ata o final da guerra. A escaseza de cazas e avións de ataque ao chan levou á compra de Curtiss P-40 Kittyhawks estadounidenses, e ao rápido deseño e fabricación do primeiro caza australiano, o CAC Boomerang. Os Kittyhawk da RAAF xogaron un papel crucial nas campañas de Nova Guinea e das Illas Salomón, especialmente en operacións como a batalla de Milne Bay. Como resposta a unha posible guerra química por parte do Xapón, a RAAF importou milleiros de armas químicas.[21]

Na batalla do Mar de Bismarck, os Bristol Beaufighters importados demostraron se avións de ataque, tanto en terra como en mar, moi efectivos. Os Beaufighter fabricáronse posteriormente localmente por DAP a partir de 1944.[22] Aínda que era bastante máis grande que os cazas xaponeses, o Beaufighter era máis rápido e podía deixalos atrás.[23] A RAAF operou varios Consolidated PBY Catalina como bombardeiros de longo alcance e exploradores. A forza de bombardeiros pesados da RAAF estaba formada principalmente por 287 B-24 Liberator, que equipaban sete escuadróns, os cales podían bombardear obxectivos xaponeses en Borneo e Filipinas dende os aeródromos de Australia e Nova Guinea.[24] A finais de 1945 a RAAF ordenou uns 500 P-51 Mustang para roles de caza e ataque. A Commonwealth Aircraft Corporation inicialmente montou Mustangs feitos nos Estados Unidos, pero despois fabricounos.[25]

A mediados de 1945 a principal formación operativa da RAAF no Pacífico, a Primeira Forza Aérea Táctica (1st TAF), estaba formada por 21 000 persoas, mentres que toda a RAAF como conxunto estaba formada por uns 50 escuadróns e 6 000 avións, dos cales máis de 3 000 estaban operativos.[26] As derradeiras campañas da 1st TAF loitáronse para apoiar ás forzas terrestres de Australia en Borneo,[27] pero de ter continuado a guerra algún do seu persoal e equipo probablemente sería usado para a invasión do Xapón, xunto con algúns dos escuadróns de bombardeo en Europa, que estaban sendo agrupados con escuadróns británicos e canadenses como parte da proposta Tiger Force. Porén, a guerra rematou de súpeto tras as bombas atómicas estadounidenses sobre Xapón.[28] As baixas da RAAF no Pacífico foron duns 2 000 mortos, feridos ou capturados.[27]

Cando rematou a guerra, un total de of 216 900 homes e mulleres serviran na RAAF, dos cales 10 562 morreron en acción. Durante o conflito formáronse un total de 76 escuadróns.[29] Con máis de 152 000 homes operando case 6 000 avións, era a cuarta forza aérea máis grande do mundo.[30]

Guerra fría editar

Posguerra editar

 
Gloster Meteor durante a guerra de Corea

Durante a ponte aérea de Berlín, en 1948-49, o RAAF Squadron Berlin Air Lift axudou no esforzo internacional para levar subministracións por aire á cidade con dous Avro York da RAF tripulados por persoal australiano. Aínda que só foi unha pequena parte da operación, a contribución da RAAF foi significativa, realizando 2 062 saídas e transportando 7 030 toneladas de carga e 6 964 pasaxeiros.[31]

Na guerra de Corea, de 1950 e 1953, os North American Mustang do No. 77 Squadron RAAF, estacionados no Xapón coa British Commonwealth Occupation Force, estiveron entre os primeiros avións da ONU en ser despregados, realizando misións de apioo a terra, patrullas de combate aéreo e de escolta. Cando os avións da ONU enfrontáronse cos cazas Mikoyan-Gurevich MiG-15 de Corea do Norte, o 77 Sqn mercou Gloster Meteors, aínda que os MiGs seguiron sendo superiores e os Meteors quedaron relegado a misións de apoio a terra a medida que os coreanos gañaban experiencia. A forza aérea tamén operou avións de transporte durante o conflito. O No. 77 Squadron realizou 18 872 saídas, reclamando a destrución de 3 700 edificios, 1 408 vehículos, 16 pontes, 98 vagóns de ferrocarril e un número descoñecido de persoal inimigo. A RAAF derrubou tres MiG-15 confirmados, e probablemente destruíu dous máis. As baixas da RAAF foron de 41 mortos e 7 capturados, perdendo 66 avións (22 Mustangs e 44 Meteors).[32]

En xullo de 1952, a No. 78 Wing RAAF despregouse en Malta, onde formou parte dunha forza británica que buscaba contrarrestar a influencia da Unión Soviética en Oriente Medio como parte dos compromisos australianos durante a guerra fría. Formada polos No. 75 e 76 Squadrons equipados con cazas a reacción de Havilland Vampire, a unidade proporcionou unha gornición aérea á illa durante os dous anos e medio seguintes, regresando a Australia a finais de 1954.[33]

En 1953 un oficial da Royal Air Force, o Mariscal do Aire Sir Donald Hardman, foi levado a Australia para converterse no Xefe do Estado Maior Aéreo.[34] Hardman reorganizou a RAAF en tres comandos: Home Command, Comando de Mantemento, e o Comando de Adestramento. Cinco anos despois, Home Command renomeouse Comando Operacional, e os de Mantemento e Adestramento uníronse para formar o Comando de Apoio.[35]

Operacións no Sueste Asiático editar

 
Camberra sobre Vietnam

Na Emerxencia malaia, dende 1950 ata 1960, seis Avro Lincoln do No. 1 Squadron RAAF e un voo de Douglas Dakota do No. 38 Squadron RAAF tomaron parte nas operacións contra as guerrillas comunistas como parte da Forza Aéreado Extremo Oriente da RAF. O Dakota usáronse en vos de carga, para mover tropas e para o lanzamento de paracaidistas e panfletos en Malaisia. Os Lincoln, operando dende bases en Singapur e Kuala Lumpur, formaron a espiña dorsal da guerra aérea contra as guerrillas, realizando misións de bombardeo contra as súas bases na xungla. Aínda que os resultados results eran normalmente difíciles de avaliai, permitiron que o goberno hostigara ás forzas comunistas, atacara os seus campamentos e mantivoos en movemento. Posteriormente, en 1958, bombardeiros Canberra do No. 2 Squadron RAAF despregáronse por Malaisia e usáronse para bombardear ás guerrillas.[36]

Durante a guerra de Vietnam, dende 1964 ata 1972, a RAAF colaborou con avións de transporte STOL Caribou como parte do RAAF Transport Flight Vietnam, posteriormente redesignado No. 35 Squadron RAAF, helicópteros UH-1 Iroquois do No. 9 Squadron RAAF, e bombardeiros English Electric Canberra do No. 2 Squadron RAAF. Os Canberra realizaron 11 963 saídas de bombardeo, perdéndose dous avións. Un perdeuse nunha misión de bombardeo. Os restos do avión recuperáronse en abril de 2009, e os restos da tripulación atopáronse a finais de xullo dese ano. O outro foi derrubado por un mísil terra-aire, aínda que a tripulación puido ser rescatada. Os Camberra lanzaron 76 389 bombas e destruíron 8 637 estruturas, 15 568 búnkers, 1 267 sampáns e 74 pontes.[37] Os transportes da RAAF tamén apoaron a forzas anticomunistas terrestres. Os helicópteros UH-1 usáronse en distintos roles como a evacuación médica e o apoio aéreo próximo. As baixas da RAAF en Vietnam foron de 14 mortos e 60 feridos.[38] Un pequeno número de pilotos da RAAF tamén serviu en unidades da Forza Aérea dos Estados Unidos, voando cazabombardeiros F-4 Phantom ou servindo como controladores aéreos avanzados.[39]

En setembro de 1975 un grupo de 44 civís, incluídos partidarios armados da Unón Democrática Timorense (UDT), requisaron un RAAF Caribou, A4-140, en terra no aeroporto de Baucau no entón Timor Portugués, que estaba no medio dunha guerra civil. O Caribou aterrara en Baucau nunha misión humanitaria do Comité Internacional da Cruz Vermella. Os civís demandaron aos tripulantes da RAAF que os levasen ao aeroporto de Darwin en Australia, cousa que fixeron. Tras a chegada do Caribou a Darwin, o goberno australiano detivo aos civís durante un curto período de tempo, e despois garantíulles visas de refuxiados a todos eles. The Guardian describiu posteriormente ao A4-140 como "o único avión da RAAF secuestrado", e o incidente como "unha das historias máis notables na historia militar e da inmigración de Australia".[40]

Presente editar

 
F/A 18F Super Hornet da RAAF

Durante as seguintes décadas a RAAF realizou pontes aéreas para distintos propósitos, como as operacións para o mantemento da paz en Timor Leste a partir de 1999. Os avións de combate australianos non se volverían a usar novamente ata a guerra de Iraq en 2003, cando 14 F/A-18 do No. 75 Squadron RAAF operaron como escoltas e avións de ataque, realizando un total de 350 saídas e lanzando 122 bombas guiadas por láser.[41] Un destacamento de avións de patrulla marítima AP-3C Orion despregouseno Oriente Medio entre 2003 e 2012. Eses avións realizaron patrullas de vixilancia marítima no golfo Pérsico e no norte do mar Arábigo para apioar ao buques de guerra e grupos de abordaxe da Coalición, ademais de realizar voos sobre Iraq e Afganistán en misións de intelixencia, vixilancia e recoñecemento, e apoiando as operacións contra a pirateríaen Somalia.[42] Dende 2007 ata 2009, un destacamento do No. 114 Mobile Control and Reporting Unit RAAF estivo en servizo activo no aeroporto de Kandahar no sur de Afghanistan. Uns 75 homes despregáronse co rádar AN/TPS-77, co labor de coordinar as operacións aéreas da Coalición.[43] Un destacamento de vehículos aéreos non tripulados IAI Heron despregouse en Afganistán en xaneiro de 2010.[44]

A finais de setembro de 2014, un Grupo de Traballo Aéreo, formado por ata oito F/A-18F Super Hornet, un KC-30A Multi Role Tanker Transport, un E-7A Wedgetail AEW&C e 400 homes, despregouse na base aérea de Al Minhad nos Emiratos Árabes Unidos como parte da coalición para combater as forzas do Estado Islámico en Iraq.[45] As operacións comezaron o 1 de outubro. Dende o mes de agosto varios transportes C-17 e C-130J Super Hercules baseados en Oriente Medio tamén foron usados para lanzar axuda humanitaria e para levar armas e munición.[46][47][48][49]

No mes de xuño de 2017, dous AP-3C Orion de patrulla marítima da RAAF despregáronse no sur de Filipinas en resposta á crise de Marawi.[50][51][52]

En 2021 a Real Forza Australiana celebrou o seu 100 aniversario.[53] Ese mesmo ano, o 29 de novembro, retiráronse oficialmente os Hornet, realizándose unha cerimonia de despedida na base RAAF Base Williamtown.[54]

Inventario editar

Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Avións de combate
Boeing F/A-18E/F Estados Unidos multirrol F/A-18F 23[6]
F-35 Lightning II Estados Unidos multirrol furtivo F-35A 37[55] 35 pedidos - cinco con base nos Estados Unidos para adestramento[56]
AWACS
Boeing 737 Estados Unidos AEW&C E-7A 6[6]
Guerra electrónica
Boeing EA-18G Estados Unidos interferencia rádar / SEAD 11 1 pedido[6]
Gulfstream G550 Estados Unidos SIGINT / ELINT MC-55A 4 pedidos[57][6]
Patrulla marítima
Boeing P-8 Estados Unidos guerra antisubmarina / patrulla 12 2 pedidos[6]
AP-3C Orion Estados Unidos patrulla marítima 2[6]
Repostaxe en voo
Airbus A330 MRTT Francia repostaxe / transporte KC-30A 6[6]
Transporte
Boeing 737 Estados Unidos transporte VIP 2[58]
Boeing C-17 Estados Unidos trasnporte estratéxico 8[6]
C-27J Spartan Italia transporte utilitario 10[6]
Super King Air Estados Unidos utilitario / transporte 350 8[6] 3 usados para misións ISTAR[59]
Challenger CL-600 Canadá transporte VIP 604 1[60]
C-130J Super Hercules Estados Unidos transporte táctico C-130J-30 12[6]
Adestramento
BAE Hawk Reino Unido adestrador primario Hawk 127 33[6]
Pilatus PC-21 Suíza adestrador 46[6]
Super King Air Estados Unidos adestrador multimotor 350 4[6]
UAV
MQ-4C Triton Estados Unidos vixilancia marítima 6 pedidos
General Atomics MQ-9 Reaper Estados Unidos vixilancia marítima 12 pedidos[61][62]
Boeing Loyal Wingman Australia combate 6 pedidos[63]

Notas editar

  1. Force, Australian Air (2017-11-03). "Vision". www.airforce.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-25. 
  2. "Defence Act (1903) - SECT 9 Command of Defence Force and arms of Defence Force". Consultado o 2022-01-25. 
  3. "Australian Military Aviation and World War One: Royal Australian Air Force". web.archive.org. 2009-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2009. Consultado o 2022-01-25. 
  4. Navy. "Current Aircraft". www.navy.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-25. 
  5. "Aviation projects". Australian Army. 2018-04-10. Archived from the original on 10 de abril de 2018. Consultado o 2022-01-25. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 "World Air Forces directory 2022". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-01-25. 
  7. "Australian Military Aviation and World War One: Royal Australian Air Force". web.archive.org. 2010-06-23. Archived from the original on 23 de xuño de 2010. Consultado o 2022-01-26. 
  8. "Australian Flying Corps". www.awm.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-26. 
  9. Dennis et al. 2008, pp. 61-62
  10. Grey 1999, pp. 114-115
  11. Beaumont 2001, p. 214
  12. "The Australian Air Corps – MHHV" (en inglés). Consultado o 2022-01-26. 
  13. Force, Australian Air (2017-11-03). "History". www.airforce.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-26. 
  14. Spencer 2020, pp. 206-207
  15. "Royal Australian Air Force, 03.09.1939". web.archive.org. 2015-08-10. Archived from the original on 10 de agosto de 2015. Consultado o 2022-01-27. 
  16. 16,0 16,1 Barnes 2000, p. 3
  17. "Explore: 'The Angry Sky'". web.archive.org. 2009-07-11. Archived from the original on 11 de xullo de 2009. Consultado o 2022-01-27. 
  18. Dennis et al. 2008, p. 277
  19. Armstrong, p. 44
  20. Armstrong, p. 45
  21. "Chemical Warfare in Australia – Australia's Involvement in Chemical Warfare" (en inglés). Consultado o 2022-01-28. 
  22. Dennis et al. 2008, p. 81
  23. Taylor and Taylor 1978, p. 48
  24. "Consolidated B24 Liberator". Australian War Memorial. 2013-11-10. Archived from the original on 10 de novembro de 2013. Consultado o 2022-01-28. 
  25. "North American P51 Mustang". Australian War Memorial. 2013-11-10. Archived from the original on 10 de novembro de 2013. Consultado o 2022-01-28. 
  26. Sandler 2001, pp. 21-22
  27. 27,0 27,1 Sandler 2001, p. 22
  28. "467 Squadron RAAF". Australian War Memorial. 2013-09-25. Archived from the original on 25 de setembro de 2013. Consultado o 2022-01-28. 
  29. Eather 1995, p. 18
  30. Eather 1996, p. xv
  31. Eather 1996, p. 38
  32. Eather 1996, p. 162
  33. Eather 1996, pp. 172-183
  34. Millar 1969, pp. 114-115
  35. Dennis et al. 2008, pp. 150-151
  36. Eather 1996, pp. 40-77
  37. Coulthard-Clark 1995, p. 215
  38. Coulthard-Clark 1995, p. 351
  39. Barnes 2000, p. 5
  40. "'It was life or death': the plane-hijacking refugees Australia embraced". the Guardian (en inglés). 2021-01-16. Consultado o 2022-01-29. 
  41. Tony Holmes, 'RAAF Hornets at War' en Australian Aviation, xaneiro/febreiro de 2006, No. 224. pp. 38-39.
  42. "Mission complete on wings of a dream craft". Adelaide Now. 2013-01-01. Archived from the original on 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-01-30. 
  43. "Aussies to take Afghan plane control". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2007-07-19. Consultado o 2022-01-30. 
  44. "Australia extends Heron mission in southern Afghanistan - Department of Defence". web.archive.org. 2014-02-12. Archived from the original on 12 de febreiro de 2014. Consultado o 2022-01-30. 
  45. "RAAF Air Task Group Arrives in Middle East : Department of Defence". web.archive.org. 2014-09-28. Archived from the original on 28 de setembro de 2014. Consultado o 2022-01-30. 
  46. "Australian troops complete first humanitarian mission in northern Iraq". the Guardian (en inglés). 2014-08-14. Consultado o 2022-01-30. 
  47. Wroe, David (2014-08-31). "SAS to protect crews on arms drops in Iraq". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  48. "ADF delivers fourth arms shipment to Iraq : Department of Defence". web.archive.org. 2014-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2014. Consultado o 2022-01-30. 
  49. "ADF delivers fifth shipment to Iraq : Department of Defence". web.archive.org. 2014-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2014. Consultado o 2022-01-30. 
  50. "Australian spy planes to fly over Philippines in IS fight". ABC News (en inglés). 2017-06-22. Consultado o 2022-01-30. 
  51. Williams, Jacqueline; Villamor, Felipe (2017-06-23). "Australia to Send Spy Planes to Help Philippines Recapture Marawi". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-01-30. 
  52. "Australia sending spy planes to Marawi". The Manila Times (en inglés). 2017-06-24. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-30. 
  53. "RAAF centenary focus of Anzac Day". The Canberra Times (en inglés). 2021-04-25. Consultado o 2022-01-30. 
  54. "Tears and tributes flow as Classic Hornet leaves the nest". ABC News (en inglés). 2021-11-29. Consultado o 2022-01-30. 
  55. "Next milestones in Australia's F-35 Program". www.pm.gov.au. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2021. Consultado o 2022-01-30. 
  56. Pittaway, Nigel (2018-12-10). "F-35 fighters arrive on Australian soil". Defense News (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  57. "RAAF to get four modified Gulfstream G550s for electronic warfare support". Australian Aviation (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  58. Force, Australian Air (2017-11-03). "737 Boeing Business Jet". www.airforce.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  59. "RAAF to disband No.38 Squadron". aeroaustraliamag.com. 14 November 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2018. Consultado o 20 May 2019. 
  60. Force, Australian Air (2017-11-03). "CL604 Challenger". www.airforce.gov.au (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  61. GDC (2021-04-25). "The State Department Approves 12 MQ-9B Guardian Armed Drones For Australia". Global Defense Corp (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  62. Insinna, Valerie (2021-04-26). "US State Department clears Australia to buy MQ-9B drones". Defense News (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  63. Insinna, Valerie (2021-03-02). "Australia makes another order for Boeing’s Loyal Wingman drones after a successful first flight". Defense News (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 

Bibliografía editar

  • Barnes, Norman (2000). The RAAF and the Flying Squadrons. St Leonards, New South Wales: Allen & Unwin. ISBN 1-86508-130-2. 
  • Beaumont, Joan (2001). Australian Defence: Sources and Statistics. The Australian Centenary History of Defence VI. Melbourne: Oxford University Press. ISBN 0-19-554118-9. 
  • Dennis, Peter; Grey, Jeffrey; Morris, Ewan; Prior, Robin; Bou, Jean (2008). The Oxford Companion to Australian Military History (2nd ed.). Melbourne, Victoria: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-551784-2. 
  • Eather, Steve (1995). Flying Squadrons of the Australian Defence Force. Weston Creek, Australian Capital Territory: Aerospace Publications. ISBN 1-875671-15-3. 
  • Spencer, Alex M (2020). British Imperial Air Power: The Royal Air Forces and the Defense of Australia and New Zealand Between the World Wars. Indiana: Purdue University Press. ISBN 978-1-55753-940-3.