O Boeing 737 AEW&C é un avión bimotor de alerta temperá e control aerotransportado baseado no deseño do Boeing 737 Next Generation. É máis lixeiro que o Boeing E-3 Sentry baseado no 707, e ten unha antena fixa dun radar de varredura electrónica activa en vez dunha xiratoria. Foi deseñado para a Real Forza Aérea de Australia (RAAF) baixo o "Proxecto Wedgetail" e designouse E-7A Wedgetail.

Boeing 737 AEW&C
TipoAEW&C
FabricanteBoeing
Primeiro voo2004
Introducidonovembro de 2012
Principais usuariosReal Forza Aérea de Australia
Forza Aérea de Turquía
Forza Aérea de Corea do Sur
Unidades construídas14

O 737 AEW&C tamén foi escollido pola Forza Aérea de Turquía, coa designación E-7T,[1] a Forza Aérea de Corea do Sur, e o Reino Unido, como o Wedgetail AEW1. En abril de 2022 a Forza Aérea dos Estados Unidos anunciou que o AEW&C substituirá ao E-3 a partir de 2027.[2]

Notas editar

  1. "HİK tespit etti F-16’lar vurdu". SavunmaSanayiST (en turco). 2020-03-02. Consultado o 2022-05-19. 
  2. "Air Force identifies Boeing E-7 as solution to replace the E-3 capability". Air Force (en inglés). Consultado o 2022-05-19.