Aeroporto de Kandahar
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O aeroporto internacional de Kandahar (IATA: KDH, OACI: OAKN) é un aeroporto situado a 17 quilómetros ao sueste da cidade de Kandahar, en Afganistán. É o segundo aeroporto máis grande do país e ten unha das bases militares máis grandes, con capacidade para albergar ata 250 avións de todos os tipos.[1]
Aeroporto de Kandahar د کندهار نړيوال هوايي ډګر
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | militar/público | ||
Propietario | Goberno de Afganistán | ||
Localización | Kandahar | ||
Elevación (msnm) | 1 017 metros / 3 338 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05/23 | 3 200 | 10 499 | asfalto |
O aeroporto foi deseñado e construído polos Estados Unidos a finais dos anos 50. Foi ocupado pola Unión Soviética durante a guerra de Afganistán nos 80. Tras a súa retirada o aeroporto permaneceu en control do goberno de Mohammad Najibullah ata que renunciou en 1992. Así, señores da guerra locais e os talibáns fixéronse co control do aeroporto ata a invasión estadounidense a finais de 2001. Foi tamén o lugar onde ocorreu o incidente do secuestro do voo 814 de Indian Airlines en 1999.[2]
Dende o ano 2007 o aeroporto foi reparado e ampliado.[1] É usado tanto para voos militares como civís. É mantido pola Misión Resolute Support da OTAN e as Forzas Nacionais de Seguridade de Afganistán. A 3ª Á da Forza Aérea de Afganistán ten unha base separada dentro dos terreos do aeroporto, e a Policía Nacional Afgá é a encargada da seguridade dentro da terminal de pasaxeiros.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Afghan Jet International | Cabul |
Ariana Afghan Airlines | Delhi, Dubai-International |
Kam Air | Dubai-International, Cabul, Mashhad |
Carga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Coyne Airways | Dubai-International |
FitsAir | Dubai-International |
Kalitta Air | Bahrain, Hong Kong, Nova York-JFK |
Silk Way Airlines | Baku[3] |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 16 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Pajhwok Afghan News (ed.). "Kandahar airport gaining international trust". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ India Today (ed.). "The release of three wanted terrorists in Kandahar marked yet another low point in the blood-splattered recent history of Kashmir". Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ Silk Way Airlines (ed.). "Flight Schedules". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.