Aeroporto Indira Gandhi
O aeroporto internacional Indira Gandhi (IATA: DEL, OACI: VIDP) é un aeroporto indio que serve á cidade de Delhi. Está situado en Palam, a 15 quilómetros da estación de trens de Nova Deli e a 16 do centro da cidade.[1] Bautizado na honra de Indira Gāndhi, antiga Primeira Ministra da India, é o aeroporto máis concorrido do país en número de pasaxeiros dende o ano 2009.[2] Tamén é o máis concorrido da India en termos de carga, ao superar ao aeroporto de Bombai a finais do ano 2015. En 2016 foi o 21º máis concorrido do mundo e o 10º de Asia en termos de pasaxe, cuns 55 millóns de pasaxeiros.
Aeroporto Indira Gandhi
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Airports Authority of India | ||
Operador | Delhi International Airport Private Limited | ||
Cidade/Illa | Delhi | ||
Localización | Palam | ||
Elevación (msnm) | 237 metros / 777 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 2 813 | 9 229 | asfalto |
10/28 | 3 810 | 12 500 | asfalto |
11/29 | 4 430 | 14 534 | asfalto |
Estatísticas (Abril 2016 - abril 2017) | |||
Pasaxeiros | 57 703 096 |
Co inicio das operacións na súa Terminal 3 no ano 2010 converteuse no centro de conexións aéra máis grande da India e de todo o sur de Asia, cunha capacidade actual para máis de 40 millóns de pasaxeiros anuais. O programa de expansión planeado aumentará a capacidade do aeroporto ata poder manexar 100 millóns de pasaxeiros no ano 2030.[3]
O aeroporto foi operado pola Forza Aérea da India antes de que a súa dirección fose transferida á Autoridade Aeroportuaria da India.[4] En maio de 2006 a dirección pasou ás mans de Delhi International Airport Limited (DIAL), un consorcio liderado polo GMR Group.[5]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarNotas
editar- ↑ Indira Gandhi International Airport (ed.). "Fact sheet". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ The Indian Express (ed.). "Delhi Airport busier than Mumbai by 40 flights a day". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ BBC (ed.). "Sky's the limit for India flight boom". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ The Hindu Business Line (ed.). "Why they should stay with the Air Force". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Outlook India (ed.). "Mumbai, Delhi airport management to be handed over to pvt cos". Archived from the original on 14 de maio de 2006. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Business Standard (ed.). "Alitalia to resume daily flights to New Delhi". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Hindustan Times (ed.). "Bikaner-Delhi flight takes off, but credit war grounds inaugural meeting". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Jet Airways adds Delhi – Riyadh service in W17". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Kam Air launches new services to Mazar-e-Sharif and Herat to Delhi". Facebook. Consultado o 2 October 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Ukraine International adds Delhi service from May 2018". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Business Standard (ed.). "Vistara adds Ranchi to its network". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ The Stat Trade Times (ed.). "China Airlines Cargo resumes freighter operations to India after four years". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Focus Taiwan (ed.). "China Airlines to resume cargo services to India". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
- ↑ Live Mint (ed.). "Jet Airways to start dedicated cargo operations from April". Consultado o 1 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 05 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.