Pakistan International Airlines
Pakistan International Airlines (urdú: پاکستان انٹرنیشنل ایئر لائنز), comunmente referida coa abreviación PIA (urdú: پیآئیاے), é a aeroliña nacional de Paquistán. O seu principal centro de conexións está en Karachi e ten centros de conexións secundarios en Lahore e Islamabad.
Pakistan International Airlines | ||
---|---|---|
IATA PK | OACI PIA | Indicativo PAKISTAN |
Fundación | 23 de outubro de 1946 (como Orient Airways) | |
Aeroporto principal | aeroporto internacional Jinnah | |
Plan de voo frecuente | PIA Awards Plus+ | |
Frota | 33 | |
Destinos | 52 | |
Holding | Goberno de Paquistán | |
Eslogan da compañía | We fly at the right attitude | |
Sede | ||
Páxina web: http://www.piac.com.pk |
A aeroliña fundouse o 23 de outubro de 1946 como Orient Airways, inicialmente estivo baseada en Calcuta, na India Británica, antes de pasar as súas operacións a Paquistán, que acababa de independizarse, en 1947. No ano 1955 foi nacionalizada e renomeada Pakistan International Airlines. Ese mesmo ano iniciou os seus servizos internacionais cara Londres e Roma. PIA foi a primeira aeroliña asiática en operar o Lockheed Super Constellation, e foi a primeira compañía non comunista en voar a China. PIA foi a segunda aeroliña asiática en introducir o Boeing 707. No ano 2004 converteuse no cliente de lanzamento do Boeing 777-200LR.[1]
PIA é a aeroliña máis grande do país e opera unha frota de máis de 30 avións.[2] A compañía opera voos regulares a 22 destinos domésticos e 28 internacionais en Asia, Europa, Oriente Medio e Norteamérica.
Frota
editarEn decembro de 2017 a frota de Pakistan International Airlines está formada polos seguintes avións:[2][3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C | Y+ | Y | Total | |||||
Airbus A320-200 | 11 | 3[4] | 8 | – | 150 | 158 | 3 pintados coa librea dos 60 | |
– | – | 180 | 180 | |||||
ATR 42-500 | 5 | — | – | 10 | 38 | 48 | ||
ATR 72-500 | 5 | — | – | 12 | 58 | 70 | ||
Boeing 777-200ER | 3 | — | 35 | 54 | 240 | 329 | 1 pinta coa librea dos anos 60 | |
2 | 25 | 54 | 240 | 319 | ||||
1 | 35 | 45 | 240 | 320 | ||||
Boeing 777-200LR | 2 | — | 35 | 60 | 215 | 310 | Cliente de lanzamento | |
Boeing 777-300ER | 3 | 5[5] | 35 | 54 | 304 | 393 | ||
1 | 18 | 40 | 384 | 442 | ||||
Total | 33 | 8 |
Notas
editar- ↑ historyofpia.com (ed.). "History of PIA". Consultado o 27 de abril de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Planespotters (ed.). "PIA Pakistan International Airlines Fleet Details and History". Consultado o 27 de abril de 2018.
- ↑ PIA (ed.). "Aircraft Seating Configuration". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 27 de abril de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Pakistan's PIA accepts six bids in narrowbody dry-lease RFP". Consultado o 27 de abril de 2018.
- ↑ Boeing (ed.). "Orders & Deliveries". Consultado o 27 de abril de 2018.