Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá, ademais da aeroliña máis grande do país. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. É a novena aeroliña máis grande do mundo en tamaño de frota e foi membro fudador da alianza de aeroliñas Star Alliance.

Air Canada
IATA
AC
OACI
ACA
Indicativo
AIR CANADA
Fundación11 de abril de 1936 (como Trans-Canada Air Lines)
Inicio das operacións1 de xaneiro de 1965 (como Air Canada)
Plan de voo frecuenteAeroplan
AlianzaStar Alliance
Frota174
Destinos182
Eslogan da compañíaYour World Awaits
Tout Un Monde Vous Attend
SedeMontreal, Canadá
Páxina web: http://www.aircanada.com/
Airbus A321 de Air Canada coa librea actual

Fundouse en 1937 por iniciativa do goberno do Canadá co nome de Trans-Canada Airlines(TCA), que mantivo ata 1965, e en 1988 privatizouse tras a desregularización do mercado canadense. En 2000 viuse obrigada a absorber á segunda compañía aérea canadense, Canadian Airlines, o que provocou a reestruturación da compañía. Actualmente voa a uns 240 destinos no Canadá, os Estados Unidos, América do Sur, Europa, Australia e Asia. Air Canada está recoñecida por Skytrax como a mellor aeroliña internacional de Norteamérica, e foi puntuada como unha aeroliña de 4 estrelas en 2013.[1]

Air Canada ten unha frota de avións de fuselaxe ancha Airbus A330, Boeing 767, Boeing 777 e Boeing 787 para rutas longas, e usa aparellos da familia Airbus A320, os A319, A320 e A321, ademais de Embraer E190 en rutas curtas. A compañía ten distintas divisións, entre as que se inclúen Air Canada Cargo, Air Canada Express e Air Canada Rouge. A súa subsidiaria, Air Canada Vacations, proporciona paquetes de vacacións a uns 90 destinos. Xunto coas súas aeroliñas rexionais, a compañía opera ao redor duns 1.500 voos diarios.

Actual

editar

En decembro de 2020 a frota de Air Canada estaba formada polos seguintes avións:[2][3][4]

Frota principal de Air Canada
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[2][5] Notas
S B P E Total
Airbus A220-300 14 19 12 125 137 Orixinalmente pedido de 45 con 30 opcións.[6]
12 pedidos canceláronse en 2020.[7]
Substituen aos Airbus A319-100.[8]
Airbus A319-100 12 14 106 120 Serán substituídos por Airbus A220-300.
3 58 58 Operan para Air Canada Jetz.
Airbus A320-200 24 14 132 146
Airbus A321-200 15 16 174 190
Airbus A330-300 15 2 32 24 241 297 Serán modernizados cunha nova cabina ao estilo do Boeing 787.[9][10]
27 21 244 292
Boeing 737 MAX 8 24 16[8] 16 153 169 Orixinalmente pedido de 33 con 18 opcións e dereitos de compra de 30.[11]
10 pedidos canceláronse en 2020.[7]
Entregas en 2023[8]
Boeing 777-200LR 6 40 24 236 300
Boeing 777-300ER 19 40 24 336 400
28 24 398 450
Boeing 787-8 8 20 21 214 255
Boeing 787-9 29 30 21 247 298
Total 166 37

Histórica

editar
Frota histórica de Air Canada[12]
Avión Total Introducido Retired Notes
Airbus A340-300 13 1995 2008 Substituídos polo Boeing 777-300ER
Airbus A340-500 2 2004 2007 Entregados a TAM
Substituídos polo Boeing 777-200LR
Avro Lancastrian Descoñecido 1943 1947
British Aerospace 146-200 Descoñecido 1990 2005 Operados por Air BC e Air Nova
Boeing 727-200 30 1974 1992
Boeing 737-200 44 1976 2004 Herdados tras a fusión con Canadian Airlines
Boeing 747-100 5 1971 1998
Boeing 747-200M 3 1975 1999
Boeing 747-400 4 1990 2004 Herdados tras a fusión con Canadian Airlines
Vendidos a outras aeroliñas debido á bancarrota

causada polos ataques do 9/11.

Boeing 747-400M 3 1990 2004 Vendidos a outras aeroliñas debido á bancarrota

causada polos ataques do 9/11.

Boeing 767-200 23 1983 2008
Boeing 767-300ER 44 1988 2020 25 operados por Air Canada Rouge.
Substituídos por Boeing 787-9 e Airbus A330-300.
Bombardier CRJ100 26 1994 2002 Transferidos a Jazz Aviation
Bristol Freighter Descoñecido 1953 1955
Canadair North Star Descoñecido 1946 1961
Douglas DC-3 Descoñecido 1945 1963
Douglas DC-8-40 11 1974 1979
Douglas DC-8-50 3 1968 1980
Douglas DC-8-50CF 7 1964 1985
Douglas DC-8-60 14 1970 1986
Douglas DC-8-70F 8 1974 1994
Embraer 175 15 2005 2013 Transferidos a Sky Regional Airlines
Embraer 190 45 2005 2020[13]
Fokker F28 Fellowship Descoñecido 1986 2004 Operados por Canadian Regional
Lockheed L-1011 TriStar Series 41 1973 1996 Substituídos por Boeing 767-300ER.
Lockheed L-1049 Super Constellation Descoñecido 1953 1963
Lockheed Model 10 Electra Descoñecido 1937 1941
Lockheed Model 14 Super Electra Descoñecido 1941 1949
Lockheed Model 18 Lodestar Descoñecido 1941 1949
McDonnell Douglas DC-9-10 14 1966 1981
McDonnell Douglas DC-9-30 50 1967 2002
Stearman 4-EM Senior Speedmail Descoñecido 1937 1939
Vickers Viscount Descoñecido 1955 1974
Vickers Vanguard Descoñecido 1961 1972
  1. Skytrax (ed.). "Air Canada en Skytrax". Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Air Canada - Our Fleet". www.aircanada.com (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 
  3. "Air Canada Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-15. 
  4. "Air Canada Fleet - Fleet FIN Number". www.aircanada.com (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 
  5. "Air Canada Economy Class". www.aircanada.com (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 
  6. "Air Canada and Bombardier Finalize Landmark C Series Order for up to 75 Aircraft" (Nota de prensa). 28 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2022. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Air Canada Cancels 12 Airbus A220 And 10 737 MAX Orders". 9 de novembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Q3 2020 MDA" (PDF). Air Canada. 9 de novembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "ST Aerospace Secures Interior Reconfiguration Contract from Air Canada for its A330-300 Fleet". 10 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  10. "Q1 2018 MDA" (PDF). 30 de abril de 2018. 
  11. "Boeing, Air Canada Finalize Order for 61 737 MAXs" (Nota de prensa). 1 de abril de 2014. 
  12. Air Canada Historical Fleet Date accessed: 15 de decembro de 2020
  13. "Air Canada Reports First Quarter 2020 Results". News Release Archive (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Web oficial de Air Canada (en inglés e francés)