Air Canada Rouge
Air Canada Rouge é unha aeroliña para destinos turísticos subsidiaria de Air Canada. A compañía está totalmente integrada na rede da súa empresa nai e de Air Canada Express, os voos véndense con números de voo de Air Canada pero aparecen como "operados por Air Canada Rouge" (de xeito semellante aos voos operados baixo a marca Air Canada Express). Rouge significa "vermello" en francés.
Air Canada Rouge | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA RV | OACI ROU | Indicativo ROUGE |
Fundación | decembro de 2012 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 2013 | |
Plan de voo frecuente | Aeroplan | |
Alianza | Star Alliance ![]() | |
Frota | 49 | |
Destinos | 49 | |
Páxina web: https://flyrouge.com |
Historia editar
A aeroliña creouse en decembro do ano 2012 e comezou a operar o 1 de xullo de 2013 como parte do Air Canada Leisure Group para competir máis eficientemente con Air Transat, Sunwing e WestJet no mercado das viaxes de vacacións, operando principalmente rutas a Europa o Caribe e os Estados Unidos. No momento do seu lanzamento tiña unha frota de catro avións, 2 Airbus A319 e 2 Boeing 767, transferidos da súa compañía nai. A súa frota aumentou ata os 28 avións en 18 meses e en agosto de 2017 contaba con 24 Boeing 767, 20 Airbus A319 e 5 Airbus A321.
O 24 de marzo de 2014 Air Canada anunciou plans para que Air Canada Rouge se expandise cara o oeste do Canadá, comezando esa mesma primavera para servir principalmente mercados de ocio dende Vancouver e Calgary cara Os Ánxeles, San Francisco, Las Vegas, Phoenix, Palm Springs, Honolulu, Maui e Anchorage.[1]
Frota editar
En agosto de 2017 a frota de Air Canada Rouge estaba formada polos seguintes avións:[2]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros[3] | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
B | E | Total | |||||
Airbus A319-100 | 20 | — | 12 | 124 | 136 | ||
Airbus A321-200 | 5 | — | 16 | 184 | 200 | ||
Boeing 767-300ER | 24 | — | 24 | 258 | 282 | ||
Total | 49 | 0 |
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Notas editar
- ↑ Newswire (ed.). "Air Canada rouge Expands to Western Canada". Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Canadian Civil Aircraft Register (ed.). "Frota de Air Canada Rouge". Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Air Canada (ed.). "Our Fleet". Consultado o 28 de setembro de 2017.