Airbus A321
O Airbus A321 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É unha versión alongada do A320 con cambios mínimos. A superficie alar alongouse lixeiramente e o tren de aterraxe reforzouse. É propulsado por motores CFM56 ou V2500.
Airbus A321 | |
---|---|
A321-200 | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 11 de marzo de 1993 |
Introducido | xaneiro de 1994 |
Estado | en servizo |
Algunhas compañías elixiron este avión en vez do Boeing 757, xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o A318, o A319 e o A320. Isto inclúe os avanzados mandos fly-by-wire, o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.
O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5 500 km.
HistoriaEditar
O programa A321 comezou no ano 1989 a partir do Airbus A320, sendo o seu primeiro derivado e coñeceuse tamén como Stretched A320, A320-500 e A325.[1] Foi lanzado o 24 de novembro de 1988 despois de que se asegurasen compromisos por 183 avións para 10 clientes.[1] Realizou o primeiro voo o 11 de marzo de 1993 e a súa certificación europea conseguíuna en decembro dese ano.
En comparación co A320, o cambio máis importante do A321 é a súa fuselaxe máis alongada, con novas seccións nas partes dianteira e traseira que lle dan 6,93 metros máis de longo. Outros cambios son o reforzo do tren de aterraxe para facer fronte un maior peso, motores máis potentes, un sistema de combustible simplificado e mellorado e pneumáticos máis grandes para mellores freadas. As súas ás lixeiramente modificadas danlle un comportamento moi semellante ao do A320 tendo un pilotaxe case idéntico ao deste modelo e ao A319.
O A321-100 básico ten un menor alcance que o A320 ao non engadírselle un tanque de combustible extra no deseño inicial para compensar o aumento de peso. Airbus desenvolveu o máis pesado A321-200 en 1995 para suplir esta redución de alcance, e conseguiu unha variante capaz de atravesar o océano Atlántico. Isto logrouse cun motores con máis empuxe (V2533-A5 ou CFM56-5B3), reforzos estruturais menores, e unha maior capacidade de combustible coa instalación dun depósito de 2 900 litros (coa opción de instalar un segundo).
OperadoresEditar
Operadores do A321 ordenados polo número de aeronaves operativas (agosto de 2018).[2]
- American Airlines: 219
- China Southern Airlines: 99
- China Eastern Airlines: 77
- Turkish Airlines: 68
- Lufthansa: 63
- Air China: 61
- Delta Air Lines: 61
- JetBlue: 57
- Vietnam Airlines: 57
- Aeroflot: 39
- Sichuan Airlines: 39
- Wizz Air Hungary: 32
- LATAM Airlines Brazil: 31
- VietJet Air: 31
- Spirit Airlines: 30
- Juneyao Airlines: 27
- Thomas Cook Airlines: 25
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Norris & Wagner 1999, p. 50
- ↑ "Airbus orders and deliveries". Airbus. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 2018-11-30.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A321 |