China Southern Airlines

aeroliña chinesa

China Southern Airlines (chinés simplificado: 中国南方航空公司; chinés tradicional: 中國南方航空公司) é unha aeroliña chinesa baseada en Guangzhou. É a sexta aeroliña máis grande do mundo en número de pasaxeiros transportados, e a máis grande de Asia en pasaxeiros e número de avións. Tamén é a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Guangzhou Baiyun e Beijing Capital, a aeroliña voa a 121 destinos usando 422 avións.

China Southern Airlines
IATA
CZ
OACI
CSN
Indicativo
CHINA SOUTHERN
Fundación1988
Plan de voo frecuenteSky Pearl Club
AlianzaSkyTeam
Frota368
Destinos200
HoldingChina Southern Airlines Co., Ltd.
Páxina web: http://www.csair.com

China Southern Airlines creouse o 1 de xullo de 1988 despois da reestruturación da Administración Chinesa de Aviación Civil. Dende entón, a compañía adquiríu e fusionouse con varias aeroliñas domésticas, converténdose nunha das tres máis grandes do país (xunto con Air China e China Eastern Airlines). China Southern Airlines é membro da alianza SkyTeam.

En 2010 China Southern Airlines transportou a 76,5 millóns de pasaxeiros e tivo uns beneficios de 883 millóns de dólares.

Destinos editar

China Southern Airlines voa a 193 destinos en 35 países distintos de todo o mundo. Mantén unha forte presenza no mercado doméstico cos seus centros de conexión principais no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital, no Aeroporto Internacional de Cantón-Baiyun, o Aeroporto Internacional de Chongqing Jiangbei e o Aeroporto Internacional de Urumchi-Diwopu, xunto con outras cidades centrais como Changchun, Changsha, Dalian, Shanghai, Shenyang, Shenzhen, Wuhan e Zhengzhou. Os plans da aeroliña pasan por continuar desenvolvendo Chongqing e Urumchi como centros de conexión ademais de explotar o potencial do mercado doméstico.

China Southern actualmente oferta 485 diarios dende o seu centro de Guangzhou e 221 dende o de Pequín. A aeroliña proporciona servizos a 65 destinos internacionais. A meirande parte destes unen Guangzhou con cidades de todo o mundo. Tamén ten moitos outros voos internacionais operado a través de Pequín, Urumchi (sobre todo cara Asia Central) e Dalian (cara ao Xapón, Corea do Sur e Rusia). China Southern Airlines desenvolveu unha extensa rede cara ao sueste asiático e tamén se converteu na aeroliña chinesa con maior presenza en Australia. China Southern está tamén considerando espandirse cara ao mercado suramericano, ademais de dirixirse cara ao africano.

Frota editar

En novembro de 2018 a frota da China Southern Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1][2]

Frota de pasaxeiros de China Southern Airlines
Aeronave En servizo Ordes Pasaxeiros Notas
F C W Y Total
Airbus A319-100 25 8 24 90 122 7 alugados a Chongqing Airlines

12 van ser vendidos a United Airlines en 2018-2019

Airbus A320-200 120 25 24 120 152 13 alugados a Chongqing Airlines

1 alugado á Real Forza Aérea de Cambodia

2 coa librea de SkyTeam

1 coa librea GAC-Mitsubishi Outlander

Airbus A320neo 13 87 4 138 166 24 arrendados a AerCap, equipados con PW1100G
Airbus A321-200 99 6 12 143 179 3 coa librea SkyTeam
Airbus A321neo 12 38 4 24 167 195 Entregas dende 2018
Airbus A330-200 10 4 24 47 142 217 B-6057 coa librea dos Xogos Asiáticos de 2010
B-6528 coa librea de SkyTeam
6 49 184 257
Airbus A330-300 33 1 4 48 208 284 B-5928 coa librea de SkyTeam
Airbus A350-900 20 28 24 262 314 Serán entregados entre 2019 e 2022[3]
Airbus A380-800 5 8 70 428 506
Boeing 737-700 26 8 24 88 120
119 143
Boeing 737-800 165 1 8 132 164 3 coa librea de SkyTeam
Boeing 737 MAX 8 21 59[4] 4 24 150 178 Entregas dende 2017
Boeing 777-300ER 10 8[5] 4 34 44 227 309
Boeing 787-8 10 4 24 200 228
Boeing 787-9 7 13
Comac C919 20
Embraer E-190LR 20 6 92 98 Alugados a CLC
Total 582 278
  1. "China Southern Airlines Fleet | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2018-12-01. 
  2. "China Southern Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-01. 
  3. "China Southern orders 20 A350-900 aircraft". Air Transport World. Consultado o 2018-12-1. 
  4. "China Southern places order for B777-300(ER), MAX 8s". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2018-12-01. 
  5. "China Southern to take 38 Boeing jets including 777s". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-20. Consultado o 2018-12-01.