Dalian
Dalian (大连 en chinés simplificado; 大連 en chinés tradicional; Dàlián en pinyin) é unha cidade do nordeste da China situada no extremo meridional da Península de Liaodong pertencente a provincia de Liaoning no sur de Manchuria. A súa poboación urbana é de 3 120 000 habitantes, chegando ós 6 200 000 coa interurbana.
大連 (zh-hant) 大连 (zh-hans) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Liaoning | ||||
Capital de | |||||
Capital | Xigang District (en) | ||||
Contén a división administrativa | Changhai County (en) Ganjingzi District (en) Jinzhou District (en) Lüshunkou (pt) Pulandian District (en) Shahekou District (en) Wafangdian (en) Xigang District (en) Zhongshan District (en) Zhuanghe (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.690.432 (2010) (490,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 13.630,44 km² | ||||
Altitude | 29 m-33 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1904 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Q106022303 , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 116000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | dl.gov.cn |
Posúe o máis importante porto desta parte da China, sitúase na beira do Mar Amarelo entre a Baía de Corea e o golfo de Bohai. É a saída natural da potente rexión industrial manchú é do petróleo dos xacementos de Daqing, no norte.
Pequeno pobo de pescadores ata 1899, baixo o dominio ruso da zona converteuse en moderno porto comercial co nome de Dalny, é proseguiu o seu desenvolvemento co control xaponés entre 1905 e a IIGM cun novo nome, Dairen. Recuperada a plena soberanía pola China dende 1955, tense convertido ademais en importante centro industrial.
No seus límites administrativos, vinte quilómetros ao suroeste está o histórico porto de Lüshun (Port Arthur), con máis de dous milenios de historia, importante base naval, que xunto con Dalian conforman a aglomeración urbana chamada Lüda.
Historia
editarA historia urbana de Dalian vén marcada por ser dende sempre unha privilexiada avanzada sobre o Mar Amarelo, propicia para bases portuarias nos tránsitos entre China e Corea. De feito, as sucesivas dinastías do Imperio Chinés (dende dúas centurias antes da nosa era) estableceron no lugar prazas de estacionamento nas súas campañas cara á península coreana. Foi así como xurdiron Lüshun (co nome de Shizikou, "Porto do León", coñecida no século XIX coma Port Arthur, 30 km ao suroeste) e Jinzhou, vila fortificada e cabeceira da área, base militar coa dinastía Qing, hoxe ao norte da aglomeración urbana moderna (chamada no seu conxunto Lüda).
Hai que sinalar que as características da división administrativa chinesa fan que os extensos límites municipais de Dalian (13.800 Km2) inclúan entre outras as dúas vilas citadas, aínda que deberían seren consideradas cunha historia de seu.
Así establecido, Dalian propiamente foi unha pequena aldea pesqueira (Sanshan, "Porto das Tres Montañas" na dinastía Ming; Qingniwa na dinastía Qing) ata 1899, ano no que os rusos construíron alí un porto, fundando ao seu carón unha vila que chamaron Dalny.
Fundación rusa como terminal portuaria do Transiberiano
editarO interese do Imperio Ruso por Manchuria, e concretamente a península de Liaodong, coma saída ao Pacífico sen xeo invernal (alternativa por tanto a Vladivostok), era grande. A disputa co Xapón resolveuse trala guerra sino-xaponesa de 1894-1895 (con batalla decisiva polo control de Port Arthur) coa hexemonía provisional rusa que forzou en 1898 o arrendamento por 25 anos da rexión a unha debilitada dinastía Qing.
O obxectivo dos rusos, deseñado polo ministro de finanzas Sergei Witte, era a ampliación do Transiberiano cun ramal meridional (Ferrocarril do Sur de Manchuria) ata a súa terminal nun novo gran porto franco preto de Port Arthur (que restaría coma base naval). En 1899 o enxeñeiro V.V. Sakharov (que viña de proxectar Vladivostok) coa axuda do arquitecto K.G. Skolimovskii foi encargado do plan para Dalny ("afastado" en ruso) [1].
A ambiciosa empresa, financiada con abundantes fondos pola compañía ruso-chinesa do Ferrocarril Oriental Chinés, avanzou cunha rapidez (coma a do propio Transiberiano) que asombrou no seu tempo (en 1903 estaban operativos ferrocarril e porto).
O plano da vila estaba inspirado tanto no París de Haussmann de grandes eixos partindo de prazas-rotonda, coma na cidade-xardín de E. Howard e o movemento city-beautiful norteamericano, zonificada en distritos administrativo, comercial e residencial con zonas verdes e separación da cidade chinesa (sobre o primitivo pobo de pescadores). Unha gran praza central arrodeada de edificios representativos segue sendo hoxe icona da cidade (inda que rodeada de rañaceos [2]).
Período da dominación xaponesa
editarO ataque e asedio polos xaponeses á frota rusa de Port Arthur en 1904 significou o comezo da guerra ruso-xaponesa que rematou ao ano seguinte coa retrocesión do arrendo da península de Liaodong por parte rusa, arrendo que pasou ao Imperio Xaponés.
Dalny foi renomeada Dairen dentro da chamada concesión de Kwantung (o sur da actual municipalidade de Dalian) da que en 1937 chegaría a seres capital no lugar de Port Arthur (renomeada Ryojun). Axiña os investimentos no porto e nunha forte infraestrutura industrial compensaron a paralización do proxecto ruso. Apoiado na Compañía do Ferrocarril do Sur de Manchuria con sede na cidade e a riqueza que reportaba o comercio de soia a occidente, o crecemento portuario non deixou de medrar e a vila comezou a estenderse cara ao oeste [3], e incrementouse a partir de 1932 coa creación de Manchukuo, o estado monicreque do Xapón en Manchuria, o que fixo do porto de Dairen un dos maiores de extremo oriente ademais dunha gran modernización e embelecemento da cidade [4]. Co advento dun ambiente pre-bélico en 1937 a urbe reforzou inda máis o seu papel industrial que resultou crucial no sostemento do expansionismo xaponés durante a segunda guerra mundial.
Cidade aberta da República Popular da China
editarEn 1945 a cidade é tomada polas tropas soviéticas e, despois dun período de control conxunto sino-soviético (renomeada Lüda), en 1955 definitivamente devolta a súa soberanía a China que continúa o seu desenvolvemento industrial (centro dos estaleiros chineses e do refino petrolífero) [5].
En 1984, dentro da política de apertura aos investimentos estranxeiros do país e xa co seu nome actual, as autoridades elixiron Dalian coma cidade aberta e dende entón numerosas compañías internacionais téñense instalado na Dalian Development Zone no distrito de Jinzhou. Asemade, tense convertido nun centro turístico importante polas numerosas praias na municipalidade.
Notas
editar- ↑ Plan de Dalny, 1899; Bibliot. Univ. de Cornell
- ↑ "Imaxe virtual da Gran Praza de Dalian na actualidade". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ Mapa de Dairen ao comezo de Manchukuo arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012.
- ↑ "Vista da Gran Praza de Dairen nos anos trinta". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2010.
- ↑ "Mapa de Dalian arredor do ano 2000". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 04 de abril de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dalian |