Manchuria

Manchuria (en manchú:ᠮᠠᠨᠵᡠ, en chinés: 滿洲, Mǎnzhōu), é unha rexión xeográfica do nordeste da China, cunha superficie de 801.600 km²[Cómpre referencia]. Na actualidade non ten unidade administrativa dentro da República Popular da China.

Manchuria (en vermello) e Mongolia interior (en rosa).

EtniasEditar

A rexión é o lar das etnias Xianbei, Khitán, e Xurchen, sendo a máis importante a etnia que lle dá nome, o pobo manchú. Esta última dinastía gobernou a China dende o século XVII até o 1911, dándolle á súa dinastía o nome de Dinastía Quing e converténdose na última dinastía imperial chinesa.

ExtensiónEditar

Existen 3 definicións popularmente aceptadas:

  1. (Vermello máis escuro na imaxe). Comprende as provincias de Liaoning, Heilongjiang e Jilin
  2. (O anterior incluíndo o vermello medio). Inclúe a parte oriental da provincia de Mongolia Interior
  3. (O anterior incluíndo o vermello máis claro). Incluíndo a chamada Manchuria Rusa.
  4. (Non aparece no mapa). Engádelle ao anterior a illa de Sakhalín, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.