Mongolia Interior
Mongolia Interior (en mongol: Öbür Monggol e cirílico: Өвөр Монгол, Övör Mongol, en chinés: 内蒙古), oficialmente coñecida como Rexión Autónoma de Mongolia Interior (ᠦᠪᠦᠷ
ᠮᠣᠩᠭᠤᠯ ᠤᠨ
ᠥᠪᠡᠷᠲᠡᠭᠡᠨ
ᠵᠠᠰᠠᠬᠣ
ᠣᠷᠣᠨ), é unha rexión autónoma da República Popular da China, que se atopa no norte do estado. Contén a maior parte da fronteira da China con Mongolia (o resto da fronteira entre a China e Mongolia está na rexión autónoma de Xinjiang e na provincia de Gansu) e un pequeno anaco da fronteira con Rusia. A súa capital ié Hohhot, e outras cidades salientables son Baotou, Chifeng e Ordos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Capital | Hohhot (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Alxa League (en) Baotou (pt) Bayan Nur (pt) Chifeng (pt) Hinggan League (en) Hohhot (pt) Hulunbuir Ordos (pt) Tongliao (en) Ulanqab (en) Wuhai (pt) Xilingol League (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.706.321 (2010) (20,92 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Southern Mongolian (en) Bargu-Shineken Buriyad (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.181.104 km² | ||||
Punto máis alto | Helan Mountains (en) (3.556 m) | ||||
Comparte fronteira con | Gansu (pt) Heilongjiang Jilin Krai de Zabaykalsky (pt) Dornogovĭ (pt) Provincia de Govi-Altai Liaoning Shanxi (pt) Hebei (pt) Ningxia Shaanxi (pt) Sükhbaatar (pt) | ||||
Creación | 1947 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Bu Xiaolin (en) (2016–2021) Wang Lixia (en) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Inner Mongolian Autonomous Regional People's Congress (en) , | ||||
PIB nominal | 1.735.980.000.000 ¥ (2020) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CN-NM e CN-15 | ||||
Sitio web | nmg.gov.cn |
A Rexión Autónoma foi estabelecida no ano 1947, incorporando as áreas das provincias da antiga República da China, Suiyuan, Chahar, Rehe, Liaobei e Xing'an, xunto coas partes setentrionais de Gansu e Ningxia. É a terceira meirande subdivisión da China, abranguendo aproximadamente 1 200 000 km² ou o 12% da área total da China. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 24 706 321 de persoas, representando o 1,84% da poboación total do estado. Mongolia Interior é a 23ª división administrativa máis poboada do país.[1] A maioría da poboación é da etnia han, cunha salientable minoría mongol. As linguas oficiais son o mandarín e o mongol, sendo a última escrita en escritura tradicional mongol, ó contrario que o alfabeto cirílico que é empregado polo estado de Mongolia.
Notas
editar- ↑ stats.gov.cn (ed.). "TABULATION ON THE 2010 POPULATION CENSUS OF THE PEOPLE'S REPUBLIC OF CHINA".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mongolia Interior |
A Galipedia ten un portal sobre: China |