Escrita mongol

(Redirección desde «Escritura mongol»)

A escrita mongol tradicional (ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠪᠢᠴᠢᠭ ; mongγol bičig; en cirílico: монгол бичиг; mongol bichig, tamén coñecida como Hudum Mongol bichig), foi o primeiro sistema de escrita creado especificamente para a lingua mongol, e era o máis xeneralizado até a introdución do alfabeto cirílico en 1946. Escríbese tradicionalmente en liñas verticais Modelo:TextDir. Derivado do antigo alfabeto uigur, é un verdadeiro alfabeto, con letras separadas para consoantes e vogais. Adaptouse para linguas como o oirat e o manchú. Os alfabetos baseados nesta escrita vertical clásica seguen usándose en Mongolia e Mongolia Interior para escribir o mongol, o xibe e, experimentalmente, o evenki.

Escrita mongol
Un poema de Injinash
Tipoalfabeto
LinguasLingua mongol
CreadorTata-tonga
Período de usoc. 1204 – 1941 (usado como sistema principal)
1941 - presente (usado como co-sistema)
SituaciónEn uso
Sistemas
Sistemas derivadosAlfabeto manchú
Alfabeto galik
Código ISO 15924Mong
Dirección da escritaDe arriba a abaixo, de esquerda a dereita
UnicodeU+1800–U+18AF Mongolian
U+AB70–U+ABBF Mong. Supplement

Os sistemas operativos dos ordenadores tardaron en adoptar o soporte para a escrita mongol; case todos teñen un soporte incompleto ou outras dificultades de representación de texto.

Véxase tamén

editar

Gramáticas

editar

Teclados con deseño de escrita mongol en liña

editar