Provincia de Govi-Altai
provincia de Mongolia
Coordenadas: 45°30′N 95°30′L / 45.500, -95.500
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Altai.
A provincia de Govi-Altai (en mongol Говь-Алтай аймаг, Govi-Altai aimag) á unha das 21 aimags (provincias) de Mongolia.
Xeografía
editarFoi fundada no ano 1940.
Está situada no suroeste do país, e ocupa unha superficie de 141 447 km².[1]
Segundo o censo do ano 2000 tiña unha poboación total de 63 673 habitantes, polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 0,4 hab./km².
A súa capital é a cidade de Altai.
A Erdeni Chuluuta Uula (en mongol Эрдэни чулуута Уул) é unha montaña desta provincia, cuxo cume alcanza os 2 399 m.[2]
Subdivisións administrativas
editarA provincia divídese administrativamente en 18 distritos ou sum (en mongol, сум, 'frecha').[3]
Galería de imaxes
editar-
Bandeira.
-
Escudo.
-
O monte Eej Khairkhan.
-
Lasiopodomys brandtii, un roedor da familia dos cricétidos propio das montañas Altai. Foto na provincia de Govi-Altai, a 2 750 m de altitude.
Notas
editar- ↑ "Mongolia. General Information". geohive.com. Consultado o 28 de marzo de 2019.
- ↑ Erdeni Chuluuta Uula en geonames.org.
- ↑ Montsame News Agency. Mongolia. 2006, Foreign Service office of Montsame News Agency. ISBN 9-9929-0627-8, p. 46
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Govi-Altai |