Liaoning
Liaoning (chinés simplificado: 辽宁, chinés tradicional: 遼寧, pinyin: Liáoníng) é unha provincia situada ao nordeste da República Popular Chinesa. A súa capital é Shenyang.
«Liao» é o nome antigo da rexión, adoptado pola dinastía Liao que gobernou a área entre o ano 907 e o 1125. «Ning» significa «pacífico». Outros nomes históricos de Liaoning inclúen Fengtian (奉天 Fèngtiān; sistema postal antigo: Fengtien) e Shengjing (盛京 Shèngjīng).
Liaoning limita co mar Amarelo e o golfo de Bohai ao sur, Corea do Norte ao sueste, a provincia de Jilin ao nordeste, Hebei ao oeste e Mongolia Interior ao noroeste.
O río Yalu marca a fronteira entre Corea do Norte e as provincias chinesas de Jilin e Liaoning e desemboca na Baía de Corea entre Dandong (Liaoning) e Sinŭiju (Corea do Norte)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liaoning |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial do Goberno de Liaoning (en chinés)
- Información sobre Liaoning (en castelán)
- Información sobre Liaoning Arquivado 18 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en inglés e chinés)