Mar Amarelo

parte norte do mar da China

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

Mar Amarelo
黄海 - 황해
Mar Amarillo - BM WMS 2004.jpg
Localización administrativa
EstadoFlag of the People's Republic of China.svg China
Flag of North Korea.svg Corea do Norte
Flag of South Korea.svg Corea do Sur
DivisiónProvincias de Jiangsu, Shandong, Tianjin, Hebei, Pequín, e Liaoning (CHN)
Rexión Administrativa Especial de Sinŭiju e provincias de P'yŏngan do Norte, P'yŏngan do Sur e Hwanghae do Sur (PRK)
Provincias de Gyeonggi, Chungcheong do Sur, Jeolla do Norte, Jeolla do Sur e Jeju (KOR)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Illa/sIlla de Jeju
Xeografía
Mares contiguosMar da China Oriental
SubdivisiónsMar de Bohai
AfluentesRío Amarelo (5 464 km), río Liao (1 345 km), río Hai (1 329 km) e río Luan (600 km)
Cidades ribeiregasSheyang, Qindao, Weihai, Yantai, Longkou, Qinhuangdao, Dalian (CHN)
Namp'o e Haeju (PRK)
Incheon, Gunsan e Mokpo (KOR)
Accidentes
Golfos e baíasBaías de Hangzhou, Haizhou, Laizhou, Liaodong, Kyônggi e Corea
PenínsulasPenínsula de Corea e península de Liaodong
EstreitosEstreito de Corea e estreito de Bohai
Características
Superficie417 000 km²
Profundiade máxima105 m
Profundidade media48 m
Mapa
Locatie Gele Zee.PNG
Localización do mar Amarelo
Bohaiseamap2.png

Mapa do mar Amarelo
Mar Amarelo (en inglés, Yellow Sea)

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

ContornoEditar

As marismas intermareais do mar Amarelo son de grande importancia para a migración das aves e dos paxaros de praia. As investigacións sinalan que esta área é o espazo máis importante para este tipo de paxaros limícolas na súa migración cara ó norte en todo o voo Asia Oriental - Australasia, por onde como mínimo pasan de cada vez dous millóns de aves e a metade na migración cara ao sur.

XeografíaEditar

A extensión setentrional do Mar Amarelo chámase Baía de Corea.

O Mar Amarelo é un dos catro mares nomeados co termo dunha cor común, os outros son o Mar Negro, o Mar Vermello e o Mar Branco.

ExtensiónEditar

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Amarelo (que tamén se coñece como "Hwang Hai") do seguinte xeito:[1]

"No sur". O paralelo de 33° 17' norte desde Saisyu To (Quelpart) [agora coñecido como Jeju-do] á China continental.
"No sueste". Desde o extremo occidental de Quelpart ata Ka Nyo ou illa Pinnacle Oeste (34°13'N) no grupo Mengoru, desde alí cara ao punto norte de Oku To (34°22'N), ata a punta oeste das illas Small South Stone (Syo-Zyonan To) e a punta norte da illa Great South Stone (Zyonan To) (34°24'N) ata un punto da costa da Tin To (34°25'N) ao longo da costa noroeste desta illa ata o extremo norte da mesma, e desde alí nunha liña cara ao nordés cara á parte continental de Tyosen (Corea).

NotasEditar

  1. "Limits of Oceans and Seas" (PDF) (3rd ed.). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 February 2010. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Barter, M.A. (2002). Shorebirds of the Yellow Sea - importance, threats and conservation status. Wetlands International Global Series 9. International Wader Studies 12. Canberra.
  • Barter, M.A. (2005). Yellow Sea - driven priorities for Australian shorebird researchers. pp. 158–160 in: "Status and Conservation of Shorebirds in the East Asian - Australasian Flyway". Proceedings of the Australasian Shorebird Conference, 13-15 de decembro de 2003, Canberra, Australia. International Wader Studies 17. Sydney.