Dinastía Qing
A Dinastía Qing (chinés: 清朝, pinyin: Qīng Cháo, Wade-Giles: Ch'ing ch'ao; IPA t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; manchú: , Von Möllendorff: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a Dinastía Manchú, foi a derradeira dinastía gobernante da China, que estivo no poder entre 1644 e 1912 (cunha breve restauración en 1917). Foi precedida pola Dinastía Ming, a derradeira dinastía Han chinesa, e seguida pola República da China e a República Popular da China.
清朝![]() Imperio do Gran Quing | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
Imperio do Gran Quing. | ||||
Capital | Pequín | |||
Lingua | Lingua oficial: Mandarín Manchú Tibetano Mongol Uyghur outras | |||
Relixión | Taoísmo Confucianismo Budismo Relixión tradicional chinesa Lamaísmo | |||
Goberno | Monarquía absoluta | |||
Emperador (皇帝) | ||||
• 1626 – 1643 | Hung Taiji | |||
• 1908 – 1912 | Puyi | |||
Historia | ||||
• Batalla de Pequín | 1644 | |||
Superficie | ||||
• 1740 | 13,150,000 km² | |||
• 1790 | 14,700,000 km² | |||
Poboación | ||||
• 1740 est. | 140,000,000 | |||
Densidade | 10,6/km² | |||
• 1776 est. | 268,238,000 | |||
• 1790 est. | 301,000,000 | |||
Densidade | 20,5/km² |
A dinastía foi fundada polo clan manchú Aisin Gioro no que hoxe é o noroeste da China (tamén coñecida coma Manchuria). Comeza en 1644 a expandirse pola propia China e os seus territorios circundantes, establecendo o Imperio do Gran Qing (chinés simplificado: 大清国, chinés tradicional: 大清國, pinyin: Dà Qīng Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Kuo, ou chinés simplificado: 大清帝国, chinés tradicional: 大清帝國; pinyin: Dà Qīng Dì Guó, Wade-Giles: Ta Ch'ing Ti Kuo). A pacificación completa da China acadouse arredor de 1683 baixo o emperador Kangxi.
Establecida orixinalmente coma a Última Dinastía Jin (chinés simplificado: 后金, chinés tradicional: 後金, pinyin: hòu jīn) Amaga Aisin Gurun en 1616, cambiou o seu nome a Qing, que significa claro ou traslúcido en 1636. En 1644 Pequín foi saqueada por unha coalción de forzas rebeldes liderada por Li Zicheng, un oficial Ming. O derradeiro emperador Ming Chongzhen suicidouse cando caeu a cidade, marcando o remate oficial da dinastía. Daquela, os manchús aliáronse co xeneral Ming Wu Sangui e tomaron o control de Pequín e derrubaron a curta Dinastía Shun.
A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno confucianas e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores.
A dinastía acadou o seu esplendor no século XVIII, durante o cal medraron tanto o territorio como a poboación. Consolidando o seu control sobre o territorio antes pertencente aos mings e ampliando ademais a súa esfera de influencia para incluír Xinjiang, o Tíbet e Mongolia.
Porén, o seu poderío militar debilitouse a partir daquela. A Dinastía Qing comezou o seu declive a partir de mediados do século XIX por mor dos grandes conflitos sociais, coma a Rebelión Taiping (1851-1864, o estancamento económico e a influencia occidental. O interese británico en continuar o comercio de opio levou a numerosos conflitos con occidente, o que comportou a Primeira Guerra do Opio, en 1840. O Reino Unido e outras potencias occidentais, ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. Hong Kong foi cedida aos británicos en 1842 polo Tratado de Nanquim. Tamén ocorreran naquel século a Rebelión Taiping (1851-1864).
A Dinastía Qing foi derrubada pola Revolución Xinhai, cando a emperatriz Dowager Longyu abdicou no último emperador, Puyi, o 12 de febreiro de 1912.
Emperadores da dinastía qingEditar
Nome dado1 | Nome Póstumo2 (forma curta) Chinés, Manchú |
Nome do Templo2 | Nome Reinado Chinés, Manchú |
Anos Reinado | Nome polo que é coñecido |
---|---|---|---|---|---|
Nurhaci 努爾哈赤 pinyin: Nǔ'ěrhāchì |
Gāodì 高帝 Dergi hūwangdi |
Tàizǔ 太祖 |
Tiānmìng 天命 Abkai fulingga |
1616-16263 | Nurhaci |
Hong Taiji4 皇太極 pinyin: Huángtàijí |
Wéndì 文帝 Genggiyen su hūwangdi |
Tàizōng 太宗 |
Tiāncōng 天聰 Abkai sure 1627-1636; Chóngdé |
1626-1643 | Hung Taiji |
Fúlín 福臨 |
Zhāngdì 章帝 Eldembure hūwangdi |
Shìzǔ 世祖 |
Shùnzhì 順治 Ijishūn dasan |
1643-16615 | Shunzhi |
Xuányè 玄燁 |
Réndì 仁帝 Gosin hūwangdi |
Shèngzǔ 聖祖 |
Kāngxī 康熙 Elhe taifin |
1661-1722 | Kangxi |
Yìnzhēn 胤禛 |
Xiàndì 憲帝 Temgetulehe hūwangdi |
Shìzōng 世宗 |
Yōngzhèng 雍正 Hūwaliyasun tob |
1722-1735 | Yongzheng |
Hónglì 弘曆 |
Chúndì 純帝 Yongkiyangga hūwangdi |
Gāozōng 高宗 |
Qiánlóng 乾隆 Abkai wehiyehe |
1735-1796 (muerto 1799)6 |
Qianlong |
Yóngyǎn 顒琰 |
Ruìdì 睿帝 Sunggiyen hūwangdi |
Rénzōng 仁宗 |
Jiāqìng 嘉慶 Saicungga fengšen |
1796-1820 | Jiaqing |
Mínníng 旻寧 |
Chéngdì 成帝 Šanggan hūwangdi |
Xuānzōng 宣宗 |
Dàoguāng 道光 Doro eldengge |
1820-1850 | Daoguang |
Yìzhǔ 奕詝 |
Xiǎndì 顯帝 Iletu hūwangdi |
Wénzōng 文宗 |
Xiánfēng 咸豐 Gubci elgiyengge |
1850-1861 | Xianfeng |
Zǎichún 載淳 |
Yìdì 毅帝 Filingga hūwangdi |
Mùzōng 穆宗 |
Tóngzhì 同治 Yooningga dasan |
1861-18757 | Tongzhi |
Zǎitián 載湉 |
Jǐngdì 景帝 Ambalinggū hūwangdi |
Dézōng 德宗 |
Guāngxù 光緒 Badarangga doro |
1875-19087 | Guangxu |
Pǔyí 溥儀 tamén coñecido como Henry |
No tiene 8 |
Non tén 9 | Xuāntǒng 宣統 Gehungge yoso |
1908-191210 (falecido en 1967) |
Xuantong |
1 O nome de familia imperial qing era Aisin Gioro (愛新覺羅 aixin jueluo), pero non era práctica manchú incluír o nome da familia ou do clan no nome persoal dun individuo. | |||||
2 Os nomes póstumo e os nomes dos templos foron compartidos habitualmente polo emperadores de diversas dinastías; precédense xeralmente polo nome da dinastía, neste caso qing, para evitar a confusión. Por exemplo, o emperador Qianlong é chamado con frecuencia Qing Gaozong. | |||||
3 Nurhaci fundou o Jin (金) ou dinastía tardía de Jin (後金) en 1616, pero foi o seu fillo Hung Taiji quen cambiou o nome da dinastía a qing en 1636. Nurhaci adoptou o nome Tianming do reinado pero os seus títulos qing foron conferidos postumamente. | |||||
4 Hung Taiji é chamado erroneamente nalgúns textos históricos Abahai (阿巴海). | |||||
5 O emperador Shunzhi foi o primeiro emperador qing que gobernou a China despois da ocupación de Pequín en 1644. | |||||
6 O emperador Qianlong retirouse oficialmente en 1796, tomando o título de emperador honorario (太上皇帝). Este era un acto da piedade filial para asegurarse de que non reinaría máis que o seu ilustre avó, o emperador Kangxi. Porén, el continuou a ser a última autoridade ata a súa morte en 1799, en que o seu fillo, o emperador Jiaqing, comezou a exercer o poder que fora só de nome a partir de 1796. | |||||
7 A emperatriz viúva Cixi, a concubina do emperador Xianfeng, nai do emperador Tongzhi, e nai adoptiva do emperador Guangxu, utilizou as súas considerables habilidades de manipulación política para actuar como o poder detrás do trono ou no trono a partir de 1861 ata a súa morte en 1908. Ela actuou como rexente durante as minorías dos dous emperadores mozos e confinou o emperador Guangxu no palacio de verán despois de que el procurase introducir reformas en 1898. A morte do emperador Guangxu foi anunciada o día antes da súa morte. | |||||
8 Xùndì (遜帝) ("o emperador abdicado") é o nome que os libros de historia chinesa dan a Puyi. | |||||
9 En 2004 os descendentes da familia imperial qing conferiron un nome póstumo e un nome atrasado a Puyi. Nome póstumo: Mindi (愍帝). Nome do templo: Gongzong (恭宗). | |||||
10 A dinastía qing foi derrocada en 1911, e o último emperador Xuantong, abdicou oficialmente o 12 de febreiro de 1912. Con todo, ese mesmo día a República da China concedeu os "Artigos de tratamento favorable de emperador do gran qing despois da súa abdicación” (清帝退位優待條件) que permitiu que Xuantong conservase o seu título imperial e indicou que fose tratado polo goberno da república co protocolo dun monarca estranxeiro. Estes artigos foron revisados o 5 de novembro de 1924, despois do golpe do xeneral Feng Yuxiang: os artigos revisados indicaban que Xuantong perdía o seu título imperial e sería tratado en diante como un simple cidadán da república. Xuantong foi expulsado da cidade prohibida o mesmo día. Así, Xuantong gobernou como emperador ata o 12 de febreiro de 1912 (e tamén brevemente entre o 1 de xullo e 12 de xullo de 1917), e emperador non-gobernante entre o 12 de febreiro de 1912 e o 5 de novembro de 1924. Xuantong tamén aceptou despois ser o líder fantoche de Manchukuo controlado polos xaponeses co nome de Datong (大同) (1932-1934), entón o emperador fantoche reinou igual co nome do reinado Kangde (康德) (1934-1945). |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Qing |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |