Dinastía Ming
A Dinastía Ming (en chinés 明朝; pinyin: Ming Chao), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (en chinés tradicional 大明国, en chinés simplificado 大明国; pinyin Da Ming Guo), foi a penúltima dinastía gobernante na China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana",[5] foi a derradeira dinastía da China rexida pola etnia han. Aínda que a primeira capital, Pequín, caeu en 1644 a causa dunha rebelión encabezada por Li Zicheng (quen estableceu a Dinastía Shun, axiña substituída pola Dinastía Qing, de orixe manchú), os réximes leais aos Ming, chamados no seu conxunto Dinastía Ming do Sur, sobreviviron ata 1662.
大明 Imperio do Gran Ming | ||||
| ||||
Máxima extensión da China Ming baixo o reinado do Emperador Yongle. | ||||
Capital | Nanjing (prefectura de Yingtian) (1368–1644)[1] Pequín (prefectura de Shuntian) (1403–1644)[2][3] | |||
Lingua | Lingua oficial: Chinés Guanhua Outros dialectos do chinés: Wu, Yue, Min, Xiang, Hakka, Gan Outras linguas: Uyghur, Tibetano, Mongol, outras | |||
Relixión | Taoísmo confucianismo budismo relixión tradicional chinesa islam | |||
Goberno | Monarquía absoluta | |||
Emperador (皇帝) | ||||
• 1368 – 1398 | Emperador Hongwu | |||
• 1627 – 1644 | Emperador Chongzhen | |||
Historia | ||||
• Establecemento en Nanjing | 1368 | |||
Superficie | ||||
• 1415[4] | 6.500.000 km² | |||
Poboación | ||||
• 1393 est. | 65.000.000 | |||
• 1403 est. | 66.598.337 | |||
• 1500 est. | 125.000.000 | |||
• 1600 est. | 160.000.000 | |||
Moeda | Bimetálica: • Moedas de cobre (文, wén) nas cadeas de moeda e papel moeda. | |||
Os restos da Dinastía Ming gobernou o sur da China ata 1662, un período dinástico coñecido como Dinastía Ming do Sur. ¹As cifras baséanse en estimacións feitas por CJ Peers en Late Imperial Chinese Armies: 1520–1840 ²Segundo A. G. Frank, ReOrient: global economy in the Asian Age, 1998, p. 109 ³Segundo A. Maddison, The World Economy Volume 1: A Millennial Perspective Volume 2, 2007, p. 238 |
HistoriaEditar
Rebelión ante a dinastía YuanEditar
A Dinastía Yuan (1271-1368), establecida na China trala invasión mongol dirixida por Kublai Kan, sufría unha profunda crise nos últimos anos do seu goberno, a causa dos problemas na sociedade derivados da grave discriminación institucional dos Han, os altos impostos e inflación e as graves inundacións do Río Amarelo agravadas polo abandono dos proxectos de irrigación. Neste clima comezou a revolta entre os agricultores que foran chamados para reparar os diques do Río amarelo.
Así moitos grupos Han levantáronse en rebeldía en 1351, entre eles os Turbantes Vermellos. Estes estaban afiliados ao Loto Branco, unha sociedade secreta budista. Zhu Yuanzhang era un agricultor budista que se uniu a este grupo en 1352 e se forxou unha gran reputación, casando tamén coa filla dun comandante rebelde. En 1356 as tropas de Zhu tomaron a cidade de Nankín, que sería a capital Ming.
Tralo derrubamento da Dinastía Yuan os grupos rebeldes comezaron a loitar entre si polo control do país. No ano 1363 Zhu Yuanzhang enfrontouse ao seu inimigo máis prominente, o líder da facción rebelde Chen Youliang, na batalla do lago Poyang da que Zhu saíu vencedor grazas ao ataque con barcos cargados de materias combustíbeis e inflamábeis ante unha armada que o superaba en número. Esta importante vitoria deixouno como dono do val do Yangtzé, e tras outras vitorias militares e políticas, como a morte do xefe dos Turbantes Vermellos cando era hóspede de Zhu en 1367, fixo públicas as súas ambicións imperiais. Enviou entón o seu exército á capital Yuan, Dadu (actual Pequín) en 1368; o último emperador Yuan fuxiu ao norte, porén Zhu Yuanzhang arrasou o pazo imperial, renomeou a cidade coma Beiping e coroouse emperador co nome de Hongwu (Extremadamente militar, en chinés).
NotasEditar
- ↑ Capital logo de 1403; capital secundaria logo de 1421.
- ↑ Capital secundaria ata 1421; capital dende esa data.
- ↑ As capitais no exilio da Dinastía Ming do Sur foron Nanjing (1644), Fuzhou (1645–6), Cantón, China (1646–7), Zhaoqing (1646–52).
- ↑ Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (December 2006). "East-West Orientation of Historical Empires" (PDF). Journal of world-systems research 12 (2): 219–229. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 12 August 2010.
- ↑ Edwin Oldfather Reischauer, John King Fairbank, Albert M. Craig (1960) A history of East Asian civilization, Volume 1. East Asia: The Great Tradition, George Allen & Unwin Ltd.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Ming |
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
BibliografíaEditar
- Needham, Joseph (1986). Science and Civilization in China: Volume 6, Biology and Biological Technology, Part 2: Agriculture. Taipei: Caves Books, Ltd.
- Norbu, Dawa. (2001). China's Tibet Policy. Richmond: Curzon. ISBN 0-7007-0474-4.
- Nowell, Charles E. "The Discovery of the Pacific: A Suggested Change of Approach," The Pacific Historical Review (Volume XVI, Number 1; febreiro, 1947): 1–10.
- Perdue, Peter C. (2000). "Culture, History, and Imperial Chinese Strategy: Legacies of the Qing Conquests," in Warfare in Chinese History, 252–287, edited by Hans van de Ven. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 90-04-11774-1.
- Pfoundes, C. "Notes on the History of Eastern Adventure, Exploration, and Discovery, and Foreign Intercourse with Japan," Transactions of the Royal Historical Society (Volume X; 1882): 82–92.
- Robinson, David M. "Banditry and the Subversion of State Authority in China: The Capital Region during the Middle Ming Period (1450–1525)," Journal of Social History (Spring 2000): 527–563.
- Robinson, David M. "Politics, Force and Ethnicity in Ming China: Mongols and the Abortive Coup of 1461," Harvard Journal of Asiatic Studies (Volume 59, número 1, xuño de 1999): 79–123.
- Schafer, Edward H. "The Development of Bathing Customs in Ancient and Medieval China and the History of the Floriate Clear Palace," Journal of the American Oriental Society (Volume 76, Number 2, 1956): 57–82.
- Song, Yingxing (1966). T'ien-Kung K'ai-Wu: Chinese Technology in the Seventeenth Century. Traducido con prefacio de E-Tu Zen Sun e Shiou-Chuan Sun University Park: Pennsylvania State University Press.
- Spence, Jonathan D. (1999). The Search For Modern China; Second Edition. Nova York: W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-97351-4 (Paperback).
- Sperling, Elliot. (2003). "The 5th Karma-pa and some aspects of the relationship between Tibet and the Early Ming," in The History of Tibet: Volume 2, The Medieval Period: c. AD 850–1895, the Development of Buddhist Paramountcy, 473–482, ed. Alex McKay. Nova York: Routledge. ISBN 0-415-30842-9.