Dique (construción)
Un dique [1] é unha obra de enxeñaría hidráulica construída co fin de manter determinadas porcións de terra seca a través do embalsamento das augas correntes.
A súa estrutura pode ser de formigón, terra ou rochas, e fai posíbel manter áreas secas chamadas polders.
Etimoloxía
editarO termo dique procede do neerlandés dijk, que significa "muro ou construción para conter as augas".[2][3][4]
Diferenzas en relación a quebraondas e molles
editarNon se debe confundir un dique, o cal ten sempre os dous extremos en terra, cun quebraondas, que ten as dúas extremidades dentro da auga, nin cun molle, que ten un extremo en terra e o outro no mar.
A pesar desta diferenza fundamental, en hidráulica marítima esta confusión é moi común non só entre as persoas leigas, senón tamén entre o persoal técnico e nos medios de comunicación.
Véxase, a título de exemplos:
Usos
editarOs diques poden seren utilizados para:
- Previr a inundación dos campos próximos aos ríos ou aos mares. Porén, moitas veces tamén se usan para encaixar os cursos de auga a fin de darlles aos ríos un fluxo máis rápido. Son entón coñecidos como diques de contención.
- Protexer determinadas áreas contra o embate das ondas do mar.
- Ademais, forman camiños integrando unha orde vial.
Diques de contención
editarEstes diques tradicionalmente foron construídos amontoado terra á beira o río. Son amplos na base e afiados no cumio, onde se adoitan poñer sacos de area.
No altiplano andino, particularmente na rexión peruana, antigamente se construían cos chamados "champas", anacos cadrados de terra vexetal duns 30 x 30 cm, cun espesor variábel duns 15 cm. Estas "champas", sen eliminar a vexetación, colocábanse invertidos coa intención de que a vexetación ao crecer, sobre todo nos bordos libres, consolidasen a estrutura. Lamentabelmente verificaouse que o procedemento non se demostradou que fose moi eficiente, e na actualidade estase lentamente a substituír estas estruturas de terra por estruturas construídas tecnicamente.
Modernamente os diques de defensas ribeirás constrúense seguindo os criterios técnicos modernos para estruturas de terra e, en moitos casos, a súa estrutura é complexa, comprendendo unha parte de soporte, un núcleo impermeábel e sistemas de drenaxe para minimizar o risco de rupturas.
Existen importantes sistemas modernos de diques ao longo dos ríos Mississippi e Sacramento nos Estados Unidos de América, e o Po e o Danubio en Europa.
Partes dun dique de contención contra inundacións
editarA sección transversal que se aprecia na figura ao lado é a sección dun dique de contención en terra, con núcleo impermeáble. As súas partes son:
- Coroamento
- Bordo libre
- Nivel de auga do proxecto
- Talude de augas arriba (neste caso, considerando que a auga tende a infiltrarse a través do dique, o talude de augas arriba é todo aquel que se encontra no interior do leito do río.
- Nivel do terreo augas arriba
- Coroa
- Corpo de apoio, augas arriba. O material utilizado nesta parte do dique pode ser granular e pouco permeábel.
- Núcleo impermeábel
- Corpo de apoio, augas abaixo. O material debe ser permeábel.
Diques crebaondas
editarSon estruturas artificiais creadas mediante superposición de capas de elementos de diferentes granulometrías e materiais encamiñada a reducir a cantidade de enerxía proveniente das ondas que entran nun lugar que se quere abrigar, por exemplo un porto. Contrariamente aos diques de contención, non teñen unha función de impedir a filtración da auga.
Existen diferentes tipoloxías de diques, tamén chamados espigóns:
- En talude
- Vertical
- Flotante
- etc.
Os diques en talude tradicionalmente construíronse mediante un núcleo enriba do cal se superpoñían capas de elementos de tamaño crecente separados por capas de filtro. Actualmente, os elementos maiores (que conforman os mantos exteriores) son pezas de formigón en masa de diferentes formas (cubos, dolos, tetrápodes, etc.), que substitúen á coieira. Os diques en talude que non resisten a ondada provocan a rotura do mesmo.
Os diques verticais están formados por caixóns de formigón armado que se trasladan flotando ao lugar de fondeo, onde se afunden, para despois enchelos con áridos, de forma que constitúan unha estrutura ríxida. As vantaxes deste tipo de diques son que para unha mesma profundidade, requiren moito menos material que os diques crebaondas, e que se poden prefabricar. Con todo, presentan algunhas desvantaxes como son que concentran o seu peso nunha superficie menor, e polo tanto requiren un solo máis resistente para a súa colocación, e que reflicten gran parte da ondada que incide sobre eles, aumentando os esforzos sobre a estrutura e dificultando a navegación nas inmediacións do dique vertical. Ademais, non presentan unha rotura gradual como os seus homólogos diques en talude, cousa que provoca que se teñan que dimensionar para ondas de máis altura.
Exemplos
editarActualmente os Países Baixos teñen a máis avanzada rede de diques no mundo. O principal desafío destas obras de enxeñaría é facer resistir ás tempestades marítimas ou ás enchentes no caso de ríos. Para escoar as augas, utilizábanse, na antiga Holanda, os muíños de vento e, actualmente, as bombas, principalmente do tipo parafuso de Arquímedes.
O paso do furacán Katrina por Nova Orleáns, nos Estados Unidos, o día 29 de agosto de 2005, causou gran número de mortes e moita destrución debido á rotura dos diques da cidade.
Na América do Sur, existen diques que protexen a rexión costeira da Güiana (incluíndo a súa capital, Georgetown), sendo esta unha das rexións máis baixas do continente.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dique |
Bibliografía
editar- Michel Lino, Patrice Mériaux & Paul Royet (1999): Méthodologie de diagnostic des digues appliquée aux levées de la Loire moyenne. Cemagref Éditions. ISBN 2-85362-524-9.
- Michel Lino, Patrice Mériaux & et Cyril Folton (2004): Surveillance, entretien et diagnostic des digues de protection contre les inondations. Cemagref Éditions. ISBN 2-85362-636-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The International Levee Handbook (en inglés)
- Premier référentiel technique pour les digues maritimes et fluvialesArquivado 06 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en IRSTEA (en francés)
- Centre Européen de Prévention des Risques d'Inondation (en francés)
- Portail:Wikibardig (en francés)