Bomba hidráulica

dispositivo que move fluídos (líquidos ou gases) por acción mecánica

Unha bomba[1] é unha máquina hidráulica xeradora que transforma a enerxía (xeralmente enerxía mecánica) coa que é accionada en enerxía hidráulica do fluído incompresíbel que move. O fluído incompresíbel pode ser líquido ou unha mestura de líquidos e sólidos como pode ser o formigón antes de fraguar ou a pasta de papel. Ao incrementar a enerxía do fluído, auméntase a súa presión, a súa velocidade ou a súa altura, todas elas relacionadas segundo o principio de Bernoulli. En xeral, unha bomba utilízase para incrementar a presión dun líquido engadindo enerxía ao sistema hidráulico, para mover o fluído dunha zona de menor presión ou altitude a outra de maior presión ou altitude.

Antiga bomba manual de balancín.

Existe unha ambigüidade na utilización do termo bomba, xa que xeralmente é utilizado para referirse ás máquinas de fluído que transfiren enerxía, ou bombean fluídos incompresíbeis, e polo tanto non alteran a densidade do seu fluído de traballo, a diferenza doutras máquinas como o son os compresores, cuxo campo de aplicación é a pneumática e non a hidráulica. Pero tamén é común atopar o termo bomba para referirse a máquinas que bombean outro tipo de fluídos, así como o son as bombas sen carga ou as bombas de ar.

Historia

editar
 
Bomba hidráulica berlinesa de 1900 nun selo alemán de 1983 (deseño: Reinhold Gerstetter)

A primeira bomba coñecida foi descrita por Arquimedes e coñécese como parafuso de Arquimedes, descrito por Arquimedes no século III a. C., aínda que este sistema fora utilizado anteriormente por Senaquerib, rei de Asiria no século VII a. C.[2]

No século XII, Al-Jazari describiu e ilustrou diferentes tipos de bombas, incluíndo bombas reversíbeis, bombas de dupla acción, bombas de vacuo, bombas de auga e bombas de desprazamento positivo.[3][4]

Tipos de bombas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bomba.
  2. Stephanie Dalley and John Peter Oleson (January 2003). "Sennacherib, Archimedes, and the Water Screw: The Context of Invention in the Ancient World", Technology and Culture 44 (1).
  3. Al-Jazari, The Book of Knowledge of Ingenious Mechanical Devices : Kitáb fí ma'rifat al-hiyal al-handasiyya, translated by P. Hill (1973). Springer.
  4. Derek de Solla Price (1975). Review of Ibn al-Razzaz al-Jazari, The Book of Knowledge of Ingenious Mechanical Devices. Technology and Culture 16 (1), p. 81.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar