Georgetown, Güiana
Georgetown é a capital da Güiana e cunha poboación de 213.705 habitantes (2002) é a cidade máis grande da ex-colonia británica. A cidade está situada sobre a costa atlántica, na foz do río Demerara, cerca de 20 km a leste do estuario do río Essequibo. É alcumada como “a cidade xardín do Caribe”.
Georgetown (en) | ||||
Epónimo | Xurxo III do Reino Unido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Güiana | |||
Regiões da Guiana (pt) | Demerara-Mahaica (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 235.017 (2024) (1.592,26 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 147,6 km² | |||
Bañado por | Rio Demerara (pt) e Océano Atlántico | |||
Altitude | 0 m-3 m | |||
Creación | 1781 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Historia
editarGeorgetown foi inicialmente denominada Stabroek cando a área estaba aínda controlada polos holandeses. Durante a ocupación francesa Georgetown tivo a súa primeira rúa pavimentada. Cando os británicos conquistaron a colonia en 1812, foi renomeada como Georgetown, en honra do rei Georges III de Gran Bretaña. Obtivo o status oficial de cidade o 24 de agosto de 1842, durante o reinado de Vitoria. En 1945 un vasto incendio provocou graves estragos na cidade.
Comercio
editarAzucre, madeira, bauxita, ouro e diamantes son produtos do país exportados a través do porto de Georgetown.
Urbanismo
editarGeorgetown está construída segundo o esquema dunha grella atravesada por canais abertas polos holandeses, que permiten a drenaxe da cidade, que se encontra a máis de 4 metros por baixo do nivel da marea alta. Foi tamén construído un gran muro para evitar as inundacións. As rúas de Georgetown son arboradas, e ao longo das mesmas érguense moitos edificios de estilo colonial, feitos de madeira.
Sitios de interese
editarA maior parte das edificacións máis importantes da cidade áchanse na parte occidental. Arredor da área centro-occidental está Independence Square e Promenade Gardens, o Museo de Antropoloxía "Walter Roth", a Biblioteca Nacional (construída con financiamento de Andrew Carnagie), o Banco da Güiana, o Museo da Güiana, a State House ou residencia do presidente do país e mais a catedral anglicana de San Xurxo.
Na parte meridional da mesma zona encóntrase o Pazo Municipal, de estilo neogótico (1889), a Victoria Law Courts (1887), o Pazo do Parlamento (1829-1834), o gran Mercado Stabroek (1792) coa torre do reloxo que domina o panorama cidadán, a catedral católica, City Engineer House, a Magistrate Court, a igrexa de Santo André (1818) e o Arco da Independencia (Independence Arch).
Na parte setentrional da cidade, cerca da costa atlántica está situado o forte William Frederick, un parque, o faro e a Umana Yana, unha construción cónica dos indíxenas Wai-Wai construída, segundo os métodos tradicionais, en 1972, con ocasión da conferencia dos ministros de asuntos exteriores dos países non aliñados.
Educación
editarGeorgetown é sede da Universidade de Georgetown. A Universidade da Güiana está situada en Turkeven na periferia da cidade.
Comunicacións
editarGeorgetown está atendida polo Aeoporto Internacional Cheddi Jagan, situado a 41 km ao sur da cidade, desde onde hai voos constantes con Nova York, Miami, Toronto, Bridgetown, Port of Spain e Paramaribo. Hai tamén liñas regulares de autobuses entre Georgetown e Boa Vista no Brasil, e servizo diario por ferri con Paramaribo, Suriname que cruza o río Courantyne.