Pyongyang

Coordenadas: 39°1′10″N 125°44′17″L / 39.01944, -125.73806

Pyongyang é a capital e maior cidade de Corea do Norte. Sitúase na beira occidental do río Taedong preto da costa oeste do país, á que baña o Mar Amarelo. A poboación estimada para o 2007 é duns 3.000.000 de habitantes.

Pyongyang
평양시
Pyongyang montage.png
Vistas da cidade
Localización
Pyongyang en Corea do Norte
Pyongyang
Pyongyang
PaísFlag of North Korea.svg Corea do Norte
RexiónKwansŏ
Xeografía
Altitude27 msnm
Superficie1.100 km²
Demografía
Poboación2.514.692 hab. (2013)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeRyang Man Kil

Pyongyang é unha das máis antigas cidades do Extremo Priente. A súa historia arrinca na lenda sendo dende o principio un centro das sucesivas culturas e dinastías primixenias coreanas. Así, a súa fundación mítica fíxase no 2333 aC, e os primeiros escritos referidos á zona datan do ano 108 aC, sendo dende o ano 427 capital do reino de Koguryo.

HistoriaEditar

Comezos controvertidosEditar

Cara o século IV a.C. a capital de Gojoseon disque se trasladou a Pyongyang (identificada por algúns coa Wanggeom-seong capital de 194 a 108 a.C. que outros sitúan en Manchuria). Trataríase entón da máis avanzada das cidades-estado amuralladas do bronce temperán na rexión. Inda que semella haber decaído trala conquista chinesa de Gojoseon (108 a.C.), tamén materia de disputa é a posición da cidade coma capital e importante avanzada comercial e cultural tanto de Nanglang-guk (reino de Nakrang) como da comandancia de Lelang, xa durante o período dos Han Orientais (ano 25 ata o 313). De feito no distrito de Rakrang da urbe actual hai tumbas do tempo coa Fortaleza de Terra de Nakrang na beira do río Taedong coma posible sito da devandita capital.

En todo caso, no 313 a expansión do reino de Koguryŏ (Goguryeo), un dos Tres Reinos que conformaron a moderna Corea, pon fin á ocupación chinesa e por causa da rivalidade cos outros dous, os sureños Paekche e Silla, no 427 o rei Changsu (Jangsu, fillo do gran conquistador Guanggaeto) traslada a capital do reino dende Manchuria á península de Corea, concretamente a Pyongyang.

Esplendor da capital de KoguryoEditar

Co gallo do traslado o rei aproveitou para fornece-lo reino, no apoxeo da súa expansión, cunha maior e magnífica capital. A Pyongyang das dúas centurias seguintes converterase nunha das cidades máis prominentes de Asia.

Contaba con pazos, pavillóns reais, templos e, entre 552 e 586, foron erixidas un conxunto de murallas (Jangan) que definiron as diferentes partes da urbe: Naesong (ou castelo interior) onde se localizaba o pazo real; Jungsong (castelo central ou intermedio), o centro administrativo de Koguryo; Woesong (castelo exterior), cos principais barrios residenciais; Puksong, fortificacións no outeiro Moran. Eran 16 km de perímetro (23 km en total) con 16 portas e preto de 12 km2 defendidos ademais polos ríos Taedong ao sur e leste e o seu afluente Pothong no oeste co outeiro Moran polo norte [1][2].

Abandono e reconstruciónEditar

Entre o 661 e o 668 a cidade cae ante o ataque aliado de chineses e o reino de Silla co posterior colapso final do reino de Koguryo. Pyongyang é abandonada a ruína por máis de dous séculos chegando a ser alcumada "cidade das malas herbas".

En 918 Wang Geon funda a dinastía Koryo (Goryeo) e manda reconstruíla pensando en designala novamente como capital do reino. Finalmente rematará sendo unha capital secundaria co nome de Seogyeong (Sŏgyŏng, "capital occidental"). Semella que a poboación se aglutinou desta vez na cidade interior (Naesong) a carón do pazo real deixando coma terra de labor a antiga cidade exterior (Woesong). As fortificacións foron reconstruídas en pedra só en Puksong e Naesong, e en terra as intermedias e exteriores.

Capital provincialEditar

 
Heijō, 1930
 
Pyongyang, 1946

Inda que mantendo o seu lendario ascendiente e prestixio [3], durante o período da dinastía Joseon (1392-1897) Pyongyang comezou a ceder a primacía ante o ascenso de Seúl coma capital do reino de Corea, pasando a se converteres en simple capital de provincia [4][5]. Status que mantivo baixo a ocupación xaponesa co nome de Heijo (1910-1945) [6] cando a cidade acadou as infraestruturas dunha cidade moderna (ferrocarril, pontes sobor do Taedong) acompañando a súa industrialización. A expansión urbana produciuse fóra das antigas murallas de Naesong, cara a estación do tren no sur e, xa preto do final do período (1930-45), na beira oriental do río [7].

En 1945 foi ocupada por forzas soviéticas e de 1950 a 1954 practicamente destruída polos bombardeos da Guerra de Corea.

Capital de Corea do NorteEditar

A guerra rematou coa división do país e a posterior ratificación de Pyongyang coma capital de Corea do Norte.

A súa pronta reconstrución financiada coa axuda soviética tivo por iso as características do urbanismo estalinista da época, e viron a súa continuidade no posterior desenvolvemento grandilocuente representativo dun réxime personalista de culto ao líder e aos eslogans do partido único, e que marcan ata hoxe a fisionomía de Pyongyang [8][9][10].

NotasEditar

  1. Plan esquemático da Pyongyang capital de Koguryo
  2. Recreación da topografía da antiga cidade amurallada:
    en primeiro termo Puksong no Moran; despois o Pazo Real en Naesong;
    o castelo intermedio apenas distinguible e ao fondo a cidade exterior, Woesong
    [1][Ligazón morta]
  3. Páxina web coa análise detallada dunha representación de Pyongyang baixo Choson que pode dar unha idea
    da cidade que foi no tempo de Koguryo e Koryo
    [2]
  4. Mapa de Pyongyang, século XVII[Ligazón morta]
  5. Pyongyang cara ao 1800
  6. Mapa de Heijo, 1913
  7. Evolución urbana durante a ocupación xaponesa; Yasushi Goto, pdf (en xaponés con mapas explicativos) [3]
  8. Mapa da Pyongyang contemporánea
  9. Vista moderna do centro de Pyongyang (Praza de Kim-Il-Sung)
  10. Idem en dirección oposta[Ligazón morta]