Reino de Silla
Antigo reino de Corea
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Silla.
Silla foi un dos Tres reinos de Corea, e tamén unha das dinastías máis lonxevas da historia. Malia que foi fundado polo Rei Park Hyeokgeose, a dinastía foi gobernada polo clan Kim de Gyeongju (김, 金) durante 992 anos. O que naceu como unha xefatura nas confederacións de Samhan, outrora aliadas da China, conquistou eventualmente ós outros dous reinos, Baekje en 660 e Goguryeo en 668. Ademais, a "Silla unificada" como é chamada acotío, ocupou a meirande parte da península de Corea, mentres a parte norte rexurdiu como Balhae, un estado sucesor de Goguryeo. Despois de case 1.000 anos de goberno, Silla fragmentouse de novo en tres reinos, Silla, Hubaekje, e Taebong, entregando o poder á nova dinastía Goryeo en 935.[1]
Reino de Silla | ||||
| ||||
![]() | ||||
Capital | Gyeongju | |||
Lingua | Silla (variante do coreano antigo) | |||
Relixión | Budismo, confucianismo, Taoísmo, xamanismo coreano | |||
Goberno | Monarquía | |||
Historia | ||||
• Establecido | -57 | |||
• Disolución | 935 |
Notas Editar
- ↑ http://www.shilla.or.kr/shilla_culture/ Arquivado 21 de marzo de 2008 en Wayback Machine. Consultado o 8 de marzo de 2008
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Silla |
Bibliografía Editar
- Connor, Mary E. (2009). ABC-CLIO, LLC, ed. The Koreas.
Ligazóns externas Editar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |