Tres Reinos de Corea

(Redirección desde «Tres reinos de Corea»)

Os Tres Reinos de Corea foron os reinos de Goguryeo, Baekje e Silla, que ocuparon a Península de Corea e Manchuria, entre o S. I a.C. do S.VII d.C.. Outros pequenos reinos e estados tribais existiron antes e durante dito período, incluíndo Gaya, Dongye, Okjeo, Buyeo, Usan, Tamna etc.

Os Tres Reinos de Corea
Mapa Tří království Koreje na konci 5. století
Mapa Tří království Koreje na konci 5. století
Mapa dos Tres Reinos de Corea,
ó fin do século V
Nome coreano
Romanización Revisada de Corea Samguk
McCune-Reischauer Samguk
Hangul 삼국
Hanja 三國

Tradicionalmente, o período faise coincidir co 57 a.C., cando o reino Saro (despois Silla) no sueste da península obtivo a autonomía da China, no imperio da dinastía Han. No norte Goguryeo e no sur o río Yalu (Río Amnok en coreano) tiveron a independencia no 37 a.C. No 18 a.C., dous príncipes Goguryeo mantiveron unha disputa sobre a sucesión e estableceron Beaekje no suroeste da península (hoxe Seúl), con capital en Ungjin (hoxe Gongju or Chongju) e despois en Sabi (hoxe Puyo) no suroeste de Seúl. O reino Gaya foi separado de Beakje no S.I.

O final da dinastía Han, ó comezo do S.III, deixou o desenvolvemento dos tres reinos liberado. Os tres tiñan a mesma cultura. O Confucianismo era a expresión da alta sociedade coreana dende o S.I a.C. Despois foi totalmente desprazado polo Budismo.

Goguryeo, O maior dos tres, tiña dás capitais alternativas. Nangnang (hoxe Pyongyang) e Kungae sobre o río Yalu. Ó comezo, o estado situado sobre o bordo da China conquistou pouco a pouco vastos territorios de Manchuria, e finalmente chineses dende Nangnang no 313. A influencia cultural chinesa permaneceu, de xeito que o budismo foi a relixión oficial dende 372.

No S.IV, Baekje foi moi próspero e dominou polo menos a metade da península, a súa parte sur.

Renomeado Silla no 503, o coñecido como reino de Silla absorbeu o reino de Kaya ou Gaya dentro das súas fronteiras na metade do S.IV. A capital de Silla era Gumsong (hoxe Gyeongju ou Kyongju). O budismo foi relixión oficial a partir de 528.

Aliado con China, dinastía Tang, Silla conquistou Goguryeo no 668, tras telo feito con Baekje no 660, pasando o período de unificación de Silla e poñendo fin o período dos Tres Reinos.

O nome "Samguk", ou "Tres Reinos" foi usado nos títulos dos clásicos coreanos Samguk Sagi e Samguk Yusa.