Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Un quebraondas, ou crebaondas,[1] é unha estrutura costeira que ten por finalidade principal protexer a costa ou un porto da acción das ondas do mar ou do clima.

Quebraondas do porto exterior da Coruña.
Un quebraondas na ponte de Rande.

Son calculados, normalmente, para unha determinada altura de onda cun período de retorno especificado.

O cálculo e deseño dunha estrutura marítima deste porte, así como o de diques, molles ou peiraos, e outras estruturas marítimas, é realizado por enxeñeiros oceánicos ou especialistas en enxeñaría hidráulica, recorrendo a modelos físicos e/ou matemáticos.

Terminoloxía editar

Estas estruturas de defensa costeira, que se dispoñen transversalmente en relación á costa, e que teñen como funcións a retención de sedimentos de forma que impidan a erosión costeira desígnanse como espigóns.[2]

As estruturas que teñan como función fixar unha barra para asegurar a navegación chámanse molles.

Cando o quebraondas dispón dunha vía ou camiño para os viandantes poder transitar, recibe o nome específico de malecón. Como, por exemplo, o famoso malecón da Habana.

Nas pontes editar

Tamén se chaman quebraondas unha parte dos piares dunha ponte, que ten a finalidade de aguantar a presión da auga. Son normalmente obras angulares colocadas do lado da corrente, denominándose montantes. Cando están do lado oposto, chámanse tallante, e serven de contrafortes.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar