Baixío

banco de area no mar, na ría, ou no río

Un baixío[1] é unha formación xeolóxica que pode ocorrer nas desembocaduras de canles, estreitos, esteiros, ríos e outros cursos de auga, debido á acumulación de material de aluvión, paralelo á costa, na liña onde a corrente do curso de auga e a do corpo onde este desemboca se equilibran. Neste punto, é común que haxa unha liña de rebentación, debido á diminución da profundidade. Algúns baixíos poder formar illas, penínsulas, istmos, etcétera.

Baixío do río Mississippi.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baixío.