Malecón da Habana

O Malecón da Habana é un dique que se estende ó longo de 8 quilómetros pola costa norte da cidade da Habana. Comezouse a construír en 1901, durante o goberno provisional dos Estados Unidos na illa. O Malecón inclúe unha grande avenida de 6 carreiros e un ancho muro de cemento de 7000 metros de lonxitude que constitúe un dos lugares de encontro máis visitados da capital cubana, así como un dos máis turísticos.

Malecón da Habana
Havana malecon (cropped).jpg
Malecón da habana
Tipoloxíapaseo marítimo
Dimensións
Lonxitudemáis de 8 km
Localización
LocalidadeA Habana vella
Circulación
Velocidade máximakm/h
Construción
Comezo1901
Completado1958

A súa construción realizouse por etapas sucesivas e durou cerca de cincuenta anos,

  • O primeiro traxecto 1901-1902 abarcou desde o Paseo do Prado ata a rúa Crespo.
  • O segundo tramo 1902-1921 estendíase ata o Monumento ao Maine.
  • O terceiro tramo que durou ata os anos 30 terminou na Avenida dos Presidentes.
  • O cuarto tramo e final 1948 - 1958 culminaba o malecón na desembocadura do río Almendares.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar