USS Maine

(Redirección desde «USS Maine (ACR-1)»)

O USS Maine (ACR-1) foi un acoirazado de segunda clase da Armada dos Estados Unidos. Pasou á historia porque a súa explosión no porto da Habana en febreiro do 1898 foi o detonante da guerra hispano-estadounidense.

USS Maine
Historial
Estaleiro New York Naval Shipyard
Tipo Acoirazado (ACR-1)
Operador Armada dos Estados Unidos
Porto de rexistro Key West (base naval)
Autorizado 3 de agosto de 1886
Posta en grella 17 de outubro de 1888
Botado 18 de novembro de 1889
Viaxe inaugural 29 de xullo de 1896
Baixa Afundido o 15 de febreiro 1898
Características xerais
Desprazamento 6.682 t
Eslora 97 m
Manga 17,4 m
Calado 6,7 m
Armamento .
  • 4 canóns de 250 mm
  • 6 canóns de 150 mm
  • 7 canóns de 6 libras
  • 8 canóns de 1 libra
  • 4 tubos lance-torpedos de 350 mm
Propulsión Dúas hélices a vapor
Velocidade 17 nós (31 km/h)
Tripulación 374 homes

A súa construción comezou no estaleiro naval de Nova York, o 17 de outubro de 1888 e non foi ata case sete anos despois en setembro de 1895, cando foi considerado apto para o servizo, operando nos anos precedentes na costa leste dos Estados Unidos e o mar Caribe.

En xaneiro de 1898 foi enviado á Habana para "protexer os intereses norteamericanos". Dúas semanas máis tarde, o 15 de febreiro, unha explosión ao redor das 21h40 voou a proa do barco, que se afundiu rapidamente, causando 266 vítimas. O capitán, Charles Dwight Sigsbee, e a oficialidade, que durmía no castelo de popa, sobreviviron.

A causa do afundimento do Maine aínda continúa sendo obxecto de especulacións. As especulacións inclúen desde un incendio non detectado nunha carboeira, imprudentemente localizada xunto aos pañois de munición, a unha mina naval e ao seu afundimento deliberado por algunhas das faccións interesadas; cubanos prol-españois, mariños españois, insurxentes cubanos ou mariños estadounidenses interesados en provocar o desencadeamento da guerra mediante unha operación de bandeira falsa.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar