Dique seco,[1] ou dique de carena, é o nome que reciben as instalacións portuarias destinadas a poñer as embarcacións fóra da auga para efectuárense reparacións na súa parte externa.

Remolcador en seco. Obsérvase unha embarcación cos traballos de pintura de carena concluídos.
Diques flotantes.

Estas reparacións que se realizan en forma periódica reciben o nome de carenado e efectúanse na parte do casco coñecida como obra viva ou carena.

Dístínguense varias clases de diques secos:

  • Varadoiro, é o sistema máis primitivo, que se emprega na actualidade só para embarcacións menores de pouco porte. Consiste nun plano inclinado sobre o que se despraza o barco a levantar.
  • Dique de marea, dique seco que non precisa de bombas hidráulicas porque queda seco na marea baixa;
  • Dique flotante, tamén chamado dique boiante, é un dique seco construído con tanques que se inundan e baixan para que o buque poida entrar nel, e que se desauga por medio de bombas, ao fin de que quede en seco ou co barco flotando, segundo as necesidades
  • Sincroelevador, trátase dun sistema de trabes articuladas izadas por cabestrantes nos seus extremos. O conxunto pode ser operado sincronicamente xerando unha plataforma de elevación de gran porte.
editar
  • Estar no dique seco: estar sen realizar a actividade ou traballo que normalmente se leva a cabo.
  1. dique, 2ª acep. no dicionario da RAG.

Véxase tamén

editar