Esclusa
- Para outros títulos homónimos véxase esclusa de ar e Esclusa (Países Baixos).
As esclusas son obras hidráulicas que permiten vencer desniveis concentrados en canles navegables, elevando ou descendendo os navíos que se atopan nelas.[1] Poden formar parte das estruturas complementarias dunha presa, cando esta se constrúe sobre ríos navegables.
Son moi coñecidas as esclusas do Canle de Panamá. En Europa, onde a navegación interior está desenvolvida, pódese navegar desde o Mar do Norte ata o Mar Negro atravesando varias esclusas.
O cruzamento dunha esclusa é unha operación bastante lenta; posto que hai que equilibrar os niveis de auga, primeiro co tramo de canle onde se atopa o navío e logo co outro nivel cara ao que sairá o navío. O consumo de auga é considerable; para diminuílo procúrase nunca facer un enchido ou baleirado da esclusa se non hai un navío que require de atravesala. Ese tamén é un dos motivos polos cales en xeral se constrúen dúas esclusas en paralelo; así, parte da auga de baleirado dunha pódese utilizar para o enchido da outra.
Tecnicamente, o límite de desnivel que pode ser vencido cunha soa esclusa é de aproximadamente 25 m. Para desniveis maiores debe pensarse en esclusas concatenadas, o que dificulta aínda máis a súa operación, ou debe pensarse noutros dispositivos como:
- ascensores de barcos, dos cales xa se construíron varios tipos
- planos inclinados de auga
En Bélxica, sobre a "Canle du Centre", inaugurouse en 2002 o ascensor funicular de Strépy-Thieu, que permite franquear un desnivel de 73 m.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esclusa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esclusa |