Un eunuco[1] é un home castrado. A privación dos xenitais externos masculinos (emasculación ou eviración) podía efectuarse de xeito parcial ou total. O xeito parcial era a castración propiamente dita, é dicir a extirpación (por corte) ou a inutilización (por golpes) dos testículos. Outro xeito parcial era a extirpación por corte do pene. O xeito total era cando se mutilaba radicalmente, cortando pene e testículos.

Os Kızlar Ağası, xefes dos eunucos negros do Harén Imperial Otomán. O título significa literalmente "xefe das rapazas".

Aspectos bio-psico-socio-culturais editar

Historicamente, o convertido en eunuco, mudaba así a unha nova condición de xénero social, quere dicir que a cultura na que estaba inmerso o individuo -unha vez producida a mutilación física dos seus xenitais externos- asignáballe un trato diferenciado.

Malia ter como consecuencia a "feminización" que afecta á distribución lipídica corporal, biolóxicamente o macho humano castrado non se converte en femia no sentido de que non se produce unha mudanza xenética. En cambio, socioculturalmente, o eunuco non é xa home nin tampouco é muller, considéraselle así dun novo xénero.

Na especie humana -como en todos os primates e mamíferos en xeral[Cómpre clarificar]- a femia (ou muller) ten principalmente os seus xenitais ocultos e protexidos cara ao interior, mentres que a disposición anatómica do macho (ou home) os seus xenitais están expostos e desprotexidos cara ao exterior. Por iso na historia da humanidade -aínda que nunha porcentaxe ínfima- son numerosos os homes que perderon os seus xenitais nun accidente. Posiblemente a experiencia máis traumática na vida do home. O gran medo a esta posibilidade foi motivo de importantes estudos, en especial psicanalíticos dende Sigmund Freud.

Para Freud, o descubrimento feminino e masculino do sexo oposto, produce nas mulleres un sentimento inicial de perda ou carencia, e nos homes un temor ou horror á perda. É o que Freud denomina Complexo de castración.

Doenzas, accidentes ou agresións, para calquera macho mamífero (como o home) manteñen a perigosa posibilidade dunha castración (que os convertería en eunucos). Entre as enfermidades que constitúen unha grave ameaza, atópanse o cancro de testículos, o cancro de pene, e algunhas enfermidades venéreas entre outras.

Aspectos históricos editar

 
Eunuco nun harén, pintura de Jean-Léon Gérôme, século XIX

Na historia humana -aínda que noutra porcentaxe ínfima- non deixan de ser numerosos os homes que perderon os seus xenitais en actos violentos, como na guerra por exemplo.

Na Grecia antiga eran moi temidas as Amazonas, un pobo de feroces guerreiras cunha sociedade matriarcal, que segundo algunhas versións da lenda mataban ou mutilaban homes cando non os necesitaban para a reprodución.

Son famosos os costumes institucionalizados de converter homes en eunucos que en diferentes etapas da súa historia eran practicados nos imperios Babilónico, Chinés, Persa, Bizantino, Árabe e Turco. Nestes casos, os homes socioeconómicamente acomodados do país, encomendaban aos eunucos o coidado das mulleres do harén. Algúns eunucos chegaron a ser importantes funcionarios e acadar unha considerable influencia política, os máis hábiles enxeñábanse para decidir políticas de Estado que afectaban as relacións internacionais cos países veciños. Nestes países houbo eunucos que acadaron no social moita sona, no económico moitas riquezas, e no político moito poder.

Durante a invasión a Persia, Alexandre Magno coñeceu a un eunuco que o cativou pola súa beleza, Bagoas.

En tempos de guerras santas e cruzadas, en tempos de grandes emperadores modernos en España e Turquía, en tempos de piratas cristiáns e mouros, eran frecuentes os casos en que as poboacións derrotadas en combate eran decimadas polos vencedores: violando e roubando ás mulleres, e castrando e escravizando aos homes.

Os eunucos na China editar

Na China, os eunucos eran empregados no Palacio Imperial (o lugar máis importante do pobo). Ao principio eran suficientes para cubrir a tradicional cota de eunucos aqueles delincuentes ou criminais que eran condenados á castración, pero co tempo, ao aumentar o tamaño do Estado chinés, e en consecuencia a súa burocracia imperial e as súas diversificadas funcións, xa non se daba abasto.

Foi entón que houbo de buscar e aceptar novos candidatos de diferente procedencia. Pese a ser servidores en distintos cargos, foron aumentando a súa importancia e adquirindo algunhas vantaxes (como folgura económica). É así como nas aldeas máis pobres ás veces algúns poucos automutilábanse coa esperanza de alcanzar unha mellor posición social e económica. Non eran estraños os casos nos que o pai, a nai, os irmáns e as irmás, acompañaban a un integrante da familia a unha cita co barbeiro-cirurxián. Este, con técnicas rudimentarias baseadas na sabedoría daquel entón, procedía á operación.

Segundo investigacións e estudos realizados por europeos nos séculos XIX e XX, o barbeiro primeiro envolvía dende a súa base o pene e os testículos conxuntamente nunha venda común que axustaba fortemente, o que producía dor e proporcionaba a forma dunha especie de embutido. A continuación ía retorcendo cara a un lado o paquete así formado, tomaba un coitelo curvo e alzábao a distancia calculando para un corte forte e veloz. Chegado a este punto o barbeiro preguntaba unha vez máis se o paciente estaba seguro dunha decisión que sería irreversible, se o futuro eunuco era maior de idade, el debía responder por si mesmo, e se era menor entón a resposta correspondía á familia alí presente.

Se a resposta final era afirmativa, entón cun só movemento cencenaba os xenitais. Logo xunto coa inmensa dor producíase unha abundante hemorraxia. O barbeiro aplicaba baños de sales e aceites para detela e logo aplicaba unha pequena cuña de metal, xeralmente estaño, no orificio uretral. Entón viña o máis difícil, o novo eunuco debía estar andando amodo sen maior descanso, e non consumir nada de líquidos por uns días.

Ao cabo do tempo, retirábaselle o tabique de metal antes pendurado no orificio uretral, se conseguía ouriñar, entón a operación fora un éxito e xa podía empezar a xestionar un emprego para servir na Corte do Emperador. No caso contrario, unha atroz agonía esperaba ao novo eunuco antes da súa lenta morte.

Os despoxos xenitais ás veces eran reclamados por quen fora o seu propietario, e entón o barbeiro entregáballos. Pero con frecuencia devanditos despoxos non eran reclamados e nese caso o barbeiro gardábaos anotando coidadosamente a data e a quen pertencían. Esta conduta debíase a que se o eunuco era aceptado no Palacio Imperial, e unha vez alí conseguía facer carreira, descubriría que para cada ascenso (e con iso máis diñeiro) a tradición obrigaba como requisito ensinar nun rito os restos do que foron os seus xenitais. Entón o eunuco volvía apresurado a intentar recuperar o que en mala hora deixou abandonado, para o que o barbeiro esperábao disposto a entregarlle o seu, previo cobro dunha importante cantidade adicional de diñeiro. Os eunucos acadaron o seu máximo apoxeo na idade media, especialmente durante a dinastía Ming.

Os eunucos noutros pobos editar

En moitos outros pobos tamén existía o costume de converter homes en eunucos. Aínda hoxe existen na India (coñecidos como hijras), e ata hai pouco habíaos en Rusia (mesmo sobreviviron ata mediados do réxime soviético); tamén os houbo no Barroco europeo empregados para o canto e chamados castrati (en italiano, literalmente, "castrados").

En Djibuti, cando un home quería solicitarlle a unha muller que contraesen enlace matrimonial, para ser aceptado debía demostrar primeiro o seu valor levándolle como obsequio e entregándolle como agasallo, envolvido, os xenitais doutro home a quen previamente debía mutilar. Sen devandito obsequio non era aceptado, e os costumes sociais incluían a burla por parte da muller pretendida con frases que poñían en dúbida a masculinidade do pretendente por non ser capaz de cumprir valentemente coa tradición. Entre as formas de procurase tan macabro botín estaban, por exemplo, a guerra colectiva ou o asalto individual a estranxeiros ou anciáns. Dende fai varias décadas, a predicación dos misioneiros relixiosos fixo desaparecer este costume; con todo, as máis anciás aínda conservan orgullosas como valioso recordo o seu tradicional agasallo prenupcial.

Eunucos famosos na historia editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eunuco.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar