Romano III
Romano III, nado no 968 e finado o 11 de abril de 1034, foi o emperador bizantino dende o 15 de novembro de 1028 ata a súa morte. O seu apelido Argyros, significa "prata", e en grego o seu nome completo era Ρωμανός Αργυρός.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Ῥωμανὸς ὁ Ἀργυρόπουλος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 968 ![]() Hierápolis, Turquía ![]() |
Morte | 11 de abril de 1034 ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Causa da morte | homicidio, alegadamente, Intoxicación ![]() |
Lugar de sepultura | Constantinopla ![]() |
Emperador bizantino | |
15 de novembro de 1028 – 11 de abril de 1034 ← Constantino VIII – Miguel IV → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Zoe Porfiroxénita ![]() |
Pai | Mariano Argiro ![]() |
Irmáns | Basílio Argiro Pulcheria Argyre Maria Argyropoulina ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Romano foi un patricio bizantino non especialmente destacado, que foi obrigado polo emperador Constantino VIII a casar coa súa filla Zoe e converterse no seu sucesor. Mostrou gran disposición a deixar unha marca duradeira como emperador, pero non tivo gran fortuna nas súas empresas. Gastou grandes sumas na construción de novos edificios e na dotación de mosteiros, e na súa vontade de suavizar a presión fiscal desbaratou as finanzas do Imperio.
En 1030, decidido a responder ás incursións musulmás sobre as súas fronteiras orientais, dirixiu persoalmente un grande exército contra Alepo, pero foi sorprendido na súa marcha e sufriu unha grave derrota en Azaz, preto de Antioquía. Aínda que este desastre foi compensado pola defensa de Edesa por parte de Xurxo Maniaces e pola derrota dunha frota árabe no Adriático, Romano nunca recuperou a súa popularidade. A súa morte temperá crese que foi debida a un envelenamento inducido pola súa esposa.
Bibliografía
editar- Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VIII |
Romano III | Precede a: Miguel IV |
Dinastía Macedonia |