Alepo

cidade do norte de Siria

Coordenadas: 36°13′N 37°10′L / 36.217, -37.167

Alepo[1] (en árabe: حلب) é unha cidade de Siria, capital da provincia de Alepo. A cidade ten unha poboación de arredor de 1 700 000 (1999), converténdoa na segunda cidade de Siria, despois de Damasco. Situada nun lugar estratéxico entre o río Éufrates e o mar Mediterráneo. Coñecida na antigüídade como Khalpe, os gregos déronlle o nome de Beroea, e os árabes o de Ḥalab. É un importante centro comercial, e ten unha gran mesquita dos séculos XI e XII.

Alepo
ﺣﻠﺐ
Aleppo new mix.jpg
Vistas da cidade.
Localización
Alepo en Siria
Alepo
Alepo
PaísFlag of the United Arab Republic (1958–1971).svg Siria
GobernaciónGobernación de Alepo
DistritoDistrito do Monte Simeón
Xeografía
Altitude379 msnm
Superficie190 km²
Demografía
Poboación2 132 100 hab. (2004)
Densidade11 222 hab/km²
XentilicioAlepino/a
Outros datos
AlcaldeAyman Hallaq

HistoriaEditar

 
Cidadela de Alepo

Debido á moderna cidade ocupar o antigo sitio, en Alepo fixéronse poucas escavacións arqueolóxicas. O lugar leva sendo habitado dende o 1800 a.C., tal como rexistran documentos hititas. Medrou como capital do reino de Yamkhad ata que foi controlado polos hititas arredor do 1600 a.C., permanecendo baixo poder hitita ata o 800 a.C. no que pasou a mans dos asirios e posteriormente ao Imperio Persa, antes de ser capturada polos gregos no ano 333 a.C., cando Seleucos Nicator mudou o nome da cidade para Beroea.

No ano 54 a.C. pasou a mans de Roma, posteriormente a cidade pasou a formar parte do Imperio Bizantino ata o 637 en que pasou aos árabes, aínda que do novo no século X Bizancio recuperou a cidade brevemente entre o ano 974 e o 987.

A cidade foi dúas veces asediada polos Cruzados en 1098 e en 1124 pero non foi conquistada. A cidade permaneceu no Imperio Otomán ata o seu colapso. A cidade recuperou a súa actividade económica durante a ocupación francesa ata a cesión de Antioquía a Turquía en 1938-1939.

NotasEditar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Alepo (Siria) 

Véxase taménEditar