Miguel IV
Miguel IV, "o Paflagonio", nado en 1010 e finado o 10 de decembro de 1041, (en grego Μιχαήλ Παφλαγών, que significa "da provincia de Paflagonia"), foi un emperador bizantino do 11 de abril de 1034 ao 10 de decembro de 1041.
Miguel IV | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1010 |
Lugar de nacemento | Paflagonia |
Falecemento | 10 de decembro de 1041 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Soterrado | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | Emperador |
Cónxuxe | Zoe Porfiroxénita |
Irmáns | João, o Eunuco, Constantí el Paflagoni e George |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Debeu a súa elevación á emperatriz Zoe, filla de Constantino VIII e muller de Romano III, que namorada de Miguel, que era o seu chambelán, envelenou ao seu marido para casar pouco despois con el, ambos feitos ocorreron en 1034.
Miguel, con todo, que era unha persoa de pouco carácter e sufría ataques epilépticos, deixou o poder en mans do seu irmán, Xoán o Eunuco, que fora primeiro ministro con Constantino e Romano. As reformas de Xoán no exército e o fisco permitiron un certo rexurdir da potencia bizantina, que se mantivo fronte aos ataques inimigos.
Na fronteira oriental, a importante cidade de Edesa foi liberada tras un longo asedio. Os musulmáns occidentais foron practicamente expulsados de Sicilia por Xurxo Maniaces (que levou a cabo alí as súas campañas entre 1037 e 1040), pero unha expedición contra os normandos de Italia sufriu sucesivas derrotas, e trala partida de Maniaces, moitas das súas conquistas en Sicilia perdéronse (1041).
No norte, os serbios tiveron éxito na súa revolta (1040), pero a perigosa rebelión dos búlgaros e outros eslavos balcánicos, que ameazaba as cidades de Tracia e Macedonia, foi reprimida pola triunfante campaña dirixida polo emperador en persoa pouco antes da súa morte.
Bibliografía editar
- Miguel Psello o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Romano III |
Miguel IV | Precede a: Miguel V |
Dinastía Macedonia |