Epilepsia
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A epilepsia é unha enfermidade caracterizada polo padecemento de crises epilépticas ou convulsións. Non en tódalas persoas que padecen unha crise epiléptica se diagnostica coma epilepsia. Considéranse epilépticos cando padecen polo menos dúas convulsións. Unha crise epiléptica ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, na capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar desde uns segundos ata varios minutos. Hai máis de 20 tipos diferentes de crises epilépticas.

Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cal ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha crise tonicoclónica (tamén chamada de grand mal) pode berrar, perde-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada crise parcial complexa, na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá responder a preguntas nin instrucións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ausencia e é relativamente frecuente na infancia.
A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de calquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nunha elevada porcentaxe de pacientes.
TerminoloxíaEditar
O vocábulo epilepsia pode resultar confuso, xa que adoita empregarse coloquialmente para toda aquela persoa que presenta unha convulsión, de tal forma que un individuo puido ter unha convulsión por niveis baixos de azucre no sangue ou un neno cunha febre alta. Non obstante, a epilepsia describe un trastorno en que unha persoa ten convulsións recorrentes no tiempo debido a un proceso crónico subxacente, de causa descoñecida ou non.[1]
Cadro clínicoEditar
Unha crise epiléptica ou convulsión ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, da capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar dende uns segundos ata varios minutos, e mesmo algunhas crises parciais poden chegar a seren continuas, durando días, semanas ou meses.
Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen do lugar do cerebro en que ocorre a alteración da actividade eléctrica. Polo tanto, o cadro clínico varía dependendo do tipo de síndrome epiléptica causante das crises. Denomínanse crises tonico-clónicas (tamén chamada de grand mal) aquelas en que o paciente perde o sentido e se desploma, ponse ríxido e ten espasmos musculares. Nas crises parciais complexas, o paciente pode parecer confundido e non poderá responder preguntas nin instrucións.
Non obstante, non todas as crises son tan notables. Existen ataques moi leves (petit mal) que apenas poden ser percibidos polas persoas do seu arredor, e nos que a única manifestación da crise epiléptica é un pestanexo rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; este tipo de crises epilépticas denomínanse ausencias e son relativamente frecuentes durante a infancia.
TratamentoEditar
A epilepsia así como as crises epilépticas poden recibir un tratamento con resultados aceptables. Na maioría dos casos, as epilepsias da infancia cúranse na puberdade.[3] Cando a epilepsia se debe a unha lesión claramente visible e esa lesión é eliminada cirurxicamente, redúcese a intensidade e frecuencia e en moitos casos mesmo se cura a epilepsia.[4] Polo tanto, ao inicio do tratamento examínase o individuo na procura das causas da epilepsia que se poidan eliminar, como a operación dun tumor cerebral ou a supresión ou mitigación dun trastorno metabólico.
Noutros casos isto non é posible, ben porque non se atopou ningunha causa, ben porque esta non pode ser eliminada, como é o caso das cicatrices, malformacións no cerebro ou unha predisposición inherente ás convulsións. O obxectivo nestes casos é a eliminación dos ataques por medio de medicamentos ou operacións cirúrxicas.[2]
Nalgúns casos un tratamento cirúrxico pode ter máis vantaxes que o farmacolóxico; isto sucede normalmente só no caso de epilepsias focais e afecta a menos dun 5 % de todos os enfermos epilépticos.
Aspectos históricosEditar
Apenas ningunha outra enfermidade permítenos remontar na historia da medicina tanto coma a epilepsia; existen numerosas referencias desde os primeiros tempos da historia que constatan que esta enfermidade acompañou ao home desde as súas orixes. Esta enfermidade era considerada coma unha das doenzas crónicas máis habituais.
O concepto de epilepsia derívase da palabra grega ἐπιλαμβάνειν, ēpilambáneim (ser agarrado, atacado). Epilepsia é pois “ataque” ou “enfermidade que se manifesta por medio de ataques (crises)”. Dado que hai diferentes enfermidades que producen crises, é mellor falar de epilepsias.
En antigos textos mesopotámicos descríbense xa os seus síntomas típicos coma a enfermidade de Bennu, o Sitbu; aínda que para algúns autores, estes termos parecen designar tamén “contaxio” ou “lepra”.[5] Compróbase tamén que non era infrecuente: no código de Hammurabi, corpo lexislativo da Babilonia do século XVII a. C., establécese que, se se descobre que un escravo adquirido recentemente sofre bennu, pode ser devolto ao seu anterior propietario no prazo dun mes.
O corpo de quen padece unha crise epiléptica parece non obedecer ao seu dono, senón a vontade allea. De aí que se relacionara coa deidade. Os seguidores da relixión tibetana Bön tiñan por elixidos a quen a padecía, mentres que na antigüidade xudeocristiá considerábase seu padecemento coma un castigo divino o coma obra de demos.
No Evanxeo de Marcos (9, 17-18) inclúese unha descrición da época que ilustra á perfección unha crise epiléptica sufrida desde a infancia, onde di que ao non poder botar ao espírito causante da crise, os seus discípulos levárono a Xesús, o cal puido facelo e o poseído quedou coma morto para logo facelo erguer. No mesmo capítulo menciónase a outra persoa que expulsaba espíritos no seu nome.[6]
Pero non se tardou en cuestionar a orixe sobrenatural da epilepsia. No século V a. C., Hipócrates observou en soldados e gladiadores que as feridas por traumatismo craneoencefálico asociábanse con certa frecuencia a ataques epilépticos, desconcertantemente similares aos que observaba nos seus propios pacientes; e mesmo Xulio César sufría esta afección.[7] Galeno (130-200 d. C.) chegaría á mesma conclusión que Hipócrates.[8]
Na Idade Media perdeuse ese legado médico e volveuse a atribuír a causas sobrenaturais. Os enfermos e seus familiares rezaban, implorando axuda, á Virxe María e a San Valentín, en particular. De feito, nalgúns países coñecíase a epilepsia coma “mal de San Valentín”.[9]
Debido ao estigma bíblico, chamouse morbus sacer (enfermidade sagrada), e dividiuse por moito tempo en grand mal e petit mal. O primeiro facía referencia ás convulsións caracterizadas por inconsciencia, o doente caíase ao chan e nalgúns casos contorsionábase, apretaba os dentes e emanaba escuma da boca. O petit mal caracterizábase por un efémero momento de inconsciencia, e acotío os que rodean ao paciente non se decatan do ataque.
Desde o ano 2006 , en España celébrase o Día Nacional da Epilepsia o día 24 de maio, co propósito de visibilizar as persoas que a padecen e promover o apoio da sociedade <ref>"Día Nacional de la Epilepsia" (en castelán)..<ref>.
NotasEditar
- ↑ Harrison Principios de Medicina Interna (2006). "Capítulo 363. Convulsiones y epilepsia". Harrison online en español (16.ª ed.). McGraw-Hill. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2009.
- ↑ 2,0 2,1 Orsatti, Luciano (2004). Deporte para discapacitados mentales (en castelán) (2.ª ed.). Editorial Stadium S.R.L. p. 10. ISBN 9505312067. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de xuño de 2018.
- ↑ Villarejo Ortega, Francisco (1998). Tratamiento de la epilepsia (en castelán). Ediciones Díaz de Santos. p. 113. ISBN 8479783257.
- ↑ Crespo, Jesús Vaquero (2006). Patología quirúrgica del sistema nervioso. Centro de Estudios Ramón Areces. p. 410. ISBN 978-84-8004-710-4.
- ↑ Mejía Rivera, Orlando (1999). Introducción crítica a la historia de la Medicina: de la prehistoria a la medicina egipcia (1.ª ed.). p. 323. ISBN 958-8041-19-8.
- ↑ "Evanxeo de Marcos".
Mestre, trouxen o meu fillo, que ten un espírito que non o deixa falar. Cando se apodera del, tírao no chan, o rapaz bota escuma pola boca, e renxe os dentes, e fica teso...
- ↑ Dam Gram, Lennart Gram, Mogens Dam (1995). Epilepsia. Ed Med Panamericana. p. 206.
- ↑ Ledesma, Juan Antonio (2009). La imagen social de las personas con discapacidad (en castelán) (2.ª ed.). CINCA. p. 184. ISBN 978-84-96889-32-3. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ Federico Micheli. Tratado de neurología clínica. p. 780. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epilepsia |