Unha lesión cerebral ou dano cerebral implica a destrución ou dexeneración de células cerebrais. As lesións cerebrais poden darse por mor de diversos factores internos e externos. O tipo de lesión máis común co que se sofre un maior número de lesións é o traumatismo cranioencefálico (TCE) seguido dun trauma físico ou traumatismo cranial xerado por un axente externo. O termo dano cerebral adquirido (DCA) utilízase adecuadamente neste ámbito para diferenciar as lesións cerebrais que se dan despois do parto, daquelas relacionadas con algunha doenza xenética ou algunha doenza conxénita.[1]

Radiografía dunha cabeza anos despois dun traumatismo cranioencefálico, amosando un espazo baleiro onde ocorreu o dano, sinalado cunha frecha.

En xeral, cando falamos de dano cerebral referímonos a unha afectación pronunciada producida por un traumatismo, mentres que cando falamos de neurotoxicidade referímonos normalmente a unha afectación neuronal inducida quimicamente.

Signos e síntomas editar

As lesións cerebrais adoitan dar lugar a deficiencias ou discapacidades que poden variar moito en intensidade. En caso de lesións cerebrais graves, a probabilidade de sufrir unha discapacidade en certas áreas é maior, isto inclúe deficiencias neurocognitivas, delirios (para ser específicos, delirios monotemáticos), trastornos da fala e do movemento, e atraso mentais. Tamén poden darse trastornos de personalidade. Os casos máis graves terminan en coma ou mesmo en estado vexetativo persistente. Inclusive un incidente leve pode ter asociadas consecuencias de longa duración ou pode causar síntomas que se manifesten anos máis tarde.

Notas editar

  1. "Headway Brain Injury Services and Support" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2016. Consultado o 30 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar