Psicose
A psicose[3] é un termo xenérico empregado en psiquiatría e psicanálise para referirse a un estado mental descrito como unha escisión ou perda de contacto coa realidade.[4] As persoas que experimentan psicoses poden presentar alucinacións ou delirios e poden exhibir cambios na súa personalidade e pensamento desorganizado.[5] Estes síntomas poden ser acompañados por un comportamento infrecuente ou estraño, así como por dificultade para interactuar socialmente e incapacidade para levar a cabo actividades da vida diaria.[5] O termo "psicose" é moi amplo e pode incluír dende experiencias aberrantes relativamente normais até expresións catatónicas de esquizofrenia e trastorno bipolar.[6][7][8]
Psicose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | F20-F29[2] |
ICD-9 | 290-299 |
OMIM | 603342 608923
603175192430 |
MedlinePlus | 001553 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha ampla variedade de elementos do sistema nervioso, tanto orgánicos como funcionais, poden causar unha reacción psicótica. Isto levou á crenza de que a psicose é como a «febre» das enfermidades mentais, un indicador serio pero non específico.[9][10] Porén, moitas persoas teñen experiencias infrecuentes e de distorsión da realidade nalgún momento das súas vidas, sen volverse discapacitadas ou nin sequera angustiadas por estas experiencias.
Como resultado, certa corrente de investigadores argumenta que a psicose non está fundamentalmente separada dunha conciencia normal, senón máis ben é un continuum con conciencia normal.[11] Dende esta perspectiva, as persoas que son diagnosticadas clinicamente como psicóticas poden estar a ter simplemente experiencias particularmente intensas ou angustiantes.
Notas
editar- ↑ Kelly, Evelyn B. (2001). Rosen Pub., ed. Coping with schizophrenia (1st ed.). Nova York. p. 25. ISBN 9780823928538.
- ↑ "Schizophrenia, schizotypal and delusional disorders (F20-F29)". ICD-10 Version:2010. World Health Organization.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para psicose.
- ↑ "Principales formas de entender la psicosis en psicología y psiquiatria. Disponible online en: Monografias.com".
- ↑ 5,0 5,1 Freudenreich, Oliver (3 de decembro de 2012). "Differential Diagnosis of Psychotic Symptoms: Medical "Mimics"". Psychiatric Times. UBM Medica. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ American Psychiatric Association, 1994 The Diagnostic and Statistical Manual Revision IV (DSM-IV)
- ↑ Gelder, Michael G.; Mayou, Richard; Geddes, John (2005). Psychiatry. Nova York: Oxford University Press. p. 12. ISBN 978-0-19-852863-0.
- ↑ Yuhas, Daisy. "Throughout History, Defining Schizophrenia Has Remained a Challenge (Timeline)". Scientific American Mind (marzo de 2013). Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ "Toward Reformulating the Diagnosis of Schizophrenia". American Journal of Psychiatry (7). PMID 10873908. doi:10.1176/appi.ajp.157.7.1041.
- ↑ "Moderate psychosis caused by mumps in a child of nine years.". Laval Médical (2). PMID 14382616.
- ↑ "The continuity of psychotic experiences in the general population.". Clinical Psychology Review (PubMed) (8). PMID 11702510. doi:10.1016/S0272-7358(01)00103-9.