Amazonas (mitoloxía)

As amazonas (grego: Ἀμαζόνες, Amazónes, singular Ἀμαζών, Amazōn), eran unha nación de mulleres guerreiras na mitoloxía grega e na Antigüidade clásica. Heródoto situounas na rexión de Escitia, en Sarmatia (territorio moderno de Ucraína). Outros historiadores sitúanas en Asia Menor,[1] ou tamén en Libia.[2]

Amazona ferida. O Capitolio, Roma.
Amazona preparándose para a batalla (Raíña Antíope ou Venus armada), por Pierre-Eugène-Emile Hébert 1860 (National Gallery of Art, Washington, D.C.).

Raíñas notábeis das amazonas foron Pentesilea, que participou na Guerra de Troia, e a súa irmá Hipólita, cuxo cinto máxico, agasallo do seu pai Ares, foi o obxecto dun dos doce traballos de Heracles. As guerreiras amazonas foron representadas en batallas contra guerreiros gregos en amazonomaquias da arte clásica.

  1. "4,000-year-old legend about northern Turkey to become film - Hurriyet Daily News and Economic Review". Hurriyetdailynews.com. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  2. Schmitz, Leonhard (1867). William Smith, ed. Amazones. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology 1 (Boston: Little, Brown and Company). pp. 137–138. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2005. Consultado o 17 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar