National Gallery of Art
A Galería Nacional de Arte (en inglés: National Gallery of Art ou NGA) é un museo de arte, que se atopa no National Mall de Washington, D.C.
O museo fundouse en 1937 por unha acta do Congreso dos Estados Unidos, con fondos para a construción e unha substanciosa colección de arte de Andrew W. Mellon. Samuel H. Kress contribuíu á colección orixinal de arte italiana. Fito clave nos comezos do museo foi a compra dun lote de cadros do Ermitage, que o goberno soviético accedeu a vender para obter divisas.
Edificios
editarO museo componse de 2 edificios, o edificio leste e o edificio oeste. Están unidos por unha pasaxe subterránea. O edificio orixinal, que actualmente se coñece como edificio oeste, abriuse o 17 de marzo de 1941. É de deseño neoclásico, cun pórtico con grandísimas columnas e unha bóveda enorme que lembra ao do Panteón de Agripa, aínda que o edificio oeste ten unhas ás simétricas a ambos os dous lados da cúpula. O proxecto é de John Rusell Pope, cuxa outra grande obra en Washington tamén inclúe unha cúpula, o Monumento a Jefferson. O deseño do edificio leste é do arquitecto Ieoh Ming Pei e tamén é xeométrico, aínda que fragmentado en comparación co clasicismo frío do edificio oeste. Desde o aire parece coma se estiven feito de diamantes entrelazados. O edificio leste abriu en 1978. A NGA creou un xardín de esculturas en 1999.
O edificio oeste ten unha extensa colección de pinturas e esculturas de mestres europeos dende a época medieval até o século XIX, con algúns traballos anticipadores do século XX por artistas norteamericanos. As obras máis importantes do museo inclúen artistas como Rafael, Jan Vermeer, Rembrandt van Rijn, Claude Monet, Vincent Van Gogh e a única pintura de Leonardo da Vinci no Novo Mundo: "Retrato de Ginevra Benci", procedente da colección dos príncipes de Liechtenstein.
O edificio leste céntrase na arte moderna e contemporánea, cunha colección que inclúe artistas como Pablo Picasso, Henri Matisse, Jackson Pollock, Andy Warhol e Alexander Calder. O edificio leste tamén abrangue as oficinas centrais da NGA e un grande centro de investigación.
Na parte occidental do edificio oeste, alén da rúa 7, atópase o Xardín de Esculturas da Galería Nacional de Arte.
Funcionamento do museo
editarA Galería Nacional de Arte finánciase con cartos públicos e privados. O goberno federal dos Estados Unidos achega fondos a través de doazóns anuais, para apoiar as operacións do museo e o seu mantemento. Todas as obras de arte, así como os programas especiais, son realidade grazas ás doazóns privadas e aos fondos do museo. O museo non forma parte da Institución Smithsonian, pero si forma parte das máis de 90 institucións culturais coas que a Smithsonian ten un convenio de afiliación.
Algúns dos directores do museo máis importantes foron John Walter e J. Carter Brown. O director actualmente é Earl A. Powell III.
A entrada aos dous edificios da Galería Nacional é de balde.
Cadros destacados na Galería Nacional de Arte
editar-
Roger van der Weyden: Retrato dunha dama (século XV) .
-
Rafael: Madona Cowper (1504-1505).
-
Cima da Conegliano: Vixe co Neno, San Xerome e San Xoán Bautista (1500).
-
Diego Velázquez: Retrato do papa Inocencio X (1650).
-
Tiziano: Retrato dun veneciano (1507).
-
Frans Hals: Home con coraza (c. 1639).
-
Rembrandt: Autorretrato (1659).
-
Johannes Vermeer: Xove pesando perlas (1665).
-
Joseph Mallord William Turner: Dogana e Santa Maria della Salute, Venecia (1843).
-
Berthe Morisot: A nai e a irmá de Berthe Morisot (1869-1870).
-
Henri de Toulouse-Lautrec: Maxime Dethomas (1896).
-
Amedeo Modigliani: A xitana e o neno (1919).