Abrir o menú principal
Pórtico do Panteón de Agripa

En arquitectura, pórtico é o corpo formado por unha galería de columnas pegada a un edificio ou aberta ao aire libre.

Algúns exemplos famosos de pórtico son o East Portico do Capitolio dos Estados Unidos de América, e o pórtico que adornaba o Panteón en Roma.

Bolognia, en Italia, é famosa polos seus pórticos. En total, ten máis de 45 quilómetros de arcadas, aproximadamente 38 no centro da cidade, entre eles o pórtico máis longo do mundo, que mide aproximadamente 3,5 quilómetros e conduce dende a beira da cidade ata a Basílica Beata Vergine di San Luca.

Un pronaos é a área interior do pórtico dun Templo grego ou romano, situado entre a columnata do pórtico ou paredes e a entrada ao "cella" ou lugar santo. Os templos romanos comunmente tiñan pronaos abertos, polo xeral con só as columnas e ningunha parede. A palabra "pronaos" úsase en grego para "antes dun templo". En latín, os pronaos tamén son mencionados como "anticum" ou "prodomus".

Tipos de pórticoEditar

 
Templo de Portunus, exemplo de Tetrástilo
 
Pórtico do Panteón de Roma
 
Partenón de Atenas

As variantes de pórticos noméanse en función das columnas que os compoñen.

TetrástiloEditar

O tetrástilo ten catro columnas. Era comunmente empregado polos gregos e os etruscos para pequenas estruturas.

Os romanos favoreceron o pórtico de catro columnas para os seus santuarios como o Templo de Portunus, para templos como o Templo de Venus e Roma, e para os pórticos de entrada de grandes edificios públicos como a Basílica de Maxencio e Constantino.

HexástiloEditar

Os edificios tiñan seis columnas e eran os pórticos estándar no Dórico (a arquitectura entre o período arcaico 600-550 aC ata a Idade de Pericles 450-430 aC).

Hexástilo gregoEditar

Algúns exemplos coñecidos de hexástilo clásico Dórico son templo gregos como:

O Hexástilo tamén foi empregado nos templos xónicos, como o pórtico do Santuario de Atenea sobre o Erecteion na Acrópole de Atenas.

Hexástilo romanoEditar

Coa colonización grega do sur de Italia, o hexástilo foi adoptado polos etruscos e posteriormente polos romanos. O gusto romano pseudoperipteral favoreceu os edificios estreitos con altas columnas, levantadas sobre podios para maior grandiosidade e esplendor conferido pola considerable altura. A Maison Carrée en Nîmes é un dos templos romanos mellor conservados que sobreviven da antigüidade clásica.

OctóstiloEditar

O Octóstilo tiña oito columnas. Estes edificios son máis escasos que os Hexástilos no Canon arquitectónico clásico grego. Os edificios octóstilos máis coñecidos que sobreviven da antigüidade son o Partenón en Atenas construído durante a Idade de Pericles (450-430 aC), e o Panteón en Roma (125 aC).

DecástiloEditar

O decástilo ten dez columnas; como o templo de Apolo Didymaeus en Mileto, e o pórtico do University College de Londres.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar