Panteón de Roma
Coordenadas: 41°53′55″N 12°28′37″L / 41.89861, -12.47694
Panteón de Roma | |
---|---|
![]() | |
Presentación | |
Nome local | Il Pantheon |
Localización | Roma, ![]() |
Coordenadas | 41°53′55″N 12°28′37″L / 41.89861, -12.47694 |
Estrutura | Pedra |
Estilo | Arquitectura romana |
Tipo | Templo romano |
Propietario | Goberno de Italia |
Uso(s) | Templo |
Construción | |
Inicio | 421 a. C. |
Data da construción | Entre 113 e 124 |
Dimensións | |
Altura | 43'44 m. |
Lonxitude | 54'5 m. |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Apolodoro de Damasco (cúpula) |
O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. É o único monumento do mundo antigo greco-romano que chegou até os nosos días practicamente intacto, de feito que non cesou aínda o seu uso desde que foi erguido.
O seu nome vén do grego πάνθειον (pántheion), adxectivo que significa « de todos os deuses », transformado en Pantheon polos autores latínos.
O Panteón está cuberto pola maior cúpula construída na Antigüidade que subsistise. Foi a meirande de Europa occidental até que, en 1436, Filippo Brunelleschi rematou a da catedral de Florencia.
HistoriaEditar
O templo foi mandado construír por Marco Vipsanio Agripa, xenro de Octavio Augusto, no ano 27 a.C., dedicándollo a todos os deuses e, especialmente a Marte e Venus, divindades protectoras da familia Xulia. Tal como en boa parte o vemos na actualidade corresponde á reconstrución efectuada polo emperador Hadriano, logo dun incendio no 80 d.C.
A inscrición orixinal de dedicación do edificio, conservada no friso da pronaos, logo da reconstrución hadrianea, reza: M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIUM.FECIT ("Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fíxoo"). O terceiro consulado de Agrippa corresponde precisamente ao ano 27 a.C. Porén, polo que hoxe se sabe, a destrución do templo foi completa no ano 80.
As marcas de fábrica achadas nos ladrillos de construción corresponden aos anos 123–125, polo cal se supón que o novo templo foi inaugurado por Hadriano nunha data posterior, supóndose que o fixo entre 125 e 128. Aínda que ignoramos quen foi de certo o arquitecto que trazou a nova edificación, hai un consenso xeral entre os especialistas en atribuílo a Apolodoro de Damasco, se cadra o único capaz de acometer unha obra de tal envergadura, e que sabemos que vivía en Roma naquela altura.
No ano 609 d.C., o emperador bizantino Focas doouno ao papa, entón Bonifacio IV, quen o consagrou como igrexa cristiá, dedicándoo á María e aos mártires, de aí o seu nome de Sancta Maria ad Martyres; o mesmo papa fixo construír os altares e outras obras interiores. Esta nova dedicación posibelmente salvou o templo dunha máis que probábel destrución, como acontecería con moitísimos outros monumentos romanos ao longo, sobre todo, da Idade Media.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panteón de Roma |
BibliografíaEditar
ItalianoEditar
- Cinti, Siro; De Martino, Federico; Carandini, Andrea; De Carolis, Marco; Belardi, Giovanni (2007). Pantheon. Storia e Futuro / History and Future (en italiano). Roma: Gangemi Publisher. ISBN 978-88-492-1301-0.
- Coarelli, Filippo (2002). Guide Archeologiche (en italiano). Roma/Milán: Mondadori. ISBN 88-04-48002-5.
- Squadrilli, Tina (1997). Roma (en italiano). Milán: Rusconi editore. ISBN 88-18-12170-7.
FrancésEditar
- Andreae, Bernard (1988). L’art de l’ancienne Rome. Col. L'art et les grandes civilisations (en francés). (edición orixinal de 1973 en Citadelles et Mazenod Édition). París: Editions d' Art Lucien Mazenod. ISBN 978-2850880049.
CastelánEditar
- García Moreno, Antonio (1990). Arte romano. Col. Textos universitarios nº 1. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07077-1.
InglésEditar
- Ziolkowski, Adam (1999). "Pantheon". En Steinby, Eva Margareta. Lexicon Topographicum Urbis Romae. Col. Soprintendenza Archeologica Di Roma (en inglés) (4ª ed.). Roma: Quasar. ISBN 978-8870970197.