Joseph Mallord William Turner
Joseph Mallord William Turner, nado en Covent Garden, Londres, o 23 de abrilde 1775[1] e morto o 19 de decembro de 1851, foi un pintor paisaxista romántico inglés, cun estilo que sentou as bases do Impresionismo.
Joseph Mallord William Turner | |
---|---|
![]() Autorretrato, óleo sobre lenzo | |
Nacemento | c. 23 de abril de 1775 |
Covent Garden, Maiden Lane e Londres | |
Falecemento | 19 de decembro de 1851 |
Cheyne Walk, Chelsea e Kensington e Chelsea | |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Eido | paisaxista romántico |
Movemento | Impresionismo |
Traballos | O temerario |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
ComezosEditar
O talento de Turner foi recoñecido na súa vida temperá, converténdose nun completo académico de arte á idade de 23 anos. A independencia financeira permitiulle a Turner innovar e crear pinturas que sorprenderon a moitos.
Turner é un pintor romántico interesado no Sublime; retrata o asombroso e salvaxe poder da natureza cara a humanidade. O tema de afundimentos de barcos, fogos ou catástrofes naturais así como fenómenos naturais (luz solar, tormentas, choiva, néboa...) é unha afirmación do insignificante da humanidade cara á natureza.
Os seus primeiros traballos, coma Abadía Tintern (1795) e Venice: S. Giorgio Maggiore (1819), permaneceron fieis ás tradicións da paisaxe inglesa. No entanto, en Haníbal Cruzando os Alpes (1812), o seu énfase no poder destrutivo da natureza xa comeza a aparecer. Turner perfeccionou a súa técnica para desenvolver a temática durante anos.
Última etapaEditar
Nos últimos anos usou o óleo cada vez menos, e pasou a case luz pura con cor relucinte. Un exemplo do seu estilo tardío pode verse en Choiva, Vapor e Velocidade - O Gran Tren do Oeste, onde os obxectos son apenas recoñecibles.
NotasEditar
- ↑ A data exacta é motivo de disputa