Jackson Pollock

artista estadounidense

Paul Jackson Pollock, nado en Cody, Wyoming, o 28 de xaneiro de 1912 e finado en Springs, Nova York, o 11 de agosto de 1956 foi un pintor estadounidense, referencia no movemento do expresionismo abstracto.

Modelo:BiografíaJackson Pollock

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paul Jackson Pollock Editar o valor en Wikidata
28 de xaneiro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Cody, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte11 de agosto de 1956 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
East Hampton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGreen River Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir
Manual Arts High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo East Hampton (pt) Traducir
Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, gravador Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte abstracta Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo abstracto e gestualismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresThomas Hart Benton e Frederick Schwankovsky (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
MecenasPeggy Guggenheim Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLee Krasner (1945–1956) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
BNE: XX966836 Musicbrainz: d67e492a-3c84-4e93-be60-5fe96febf363 Discogs: 971226 WikiTree: Pollock-8 Find a Grave: 824 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Jackson Pollock naceu en Cody, Wyoming en 1912,[1] o máis novo de cinco irmáns. Os seus pais, Stella May McClure e LeRoy Pollock, naceron e creceron en Tingley, Iowa e estudaron en Tingley High School. O seu pai nacera co apelido McCoy, mais tomou o apelido dos seus pais adoptivos, veciños que o acolleron trala morte dos seus pais biolóxicos.[2] LeRoy Pollock era granxeiro e logo agrimensor para o goberno, pasando por varios traballos.[1] A súa nai, orgullosa da súa familia de tecedores, confeccionou e vendeu vestidos de adolescentes.[3] En novembro de 1912 Stella levou os seus fillos a San Diego; Jackson tiña só dez meses e nunca volveu a Cody.[3] Criouse en Arizona e Chico (California).

Mentres vivía en Echo Park, California, entrou no Manual Arts High School dos Ánxeles,[4] do que foi expulsado. Xa en 1928 fora expulsado doutro instituto. Durante os seus primeiros anos, Pollock estudou a cultura dos nativos americanos mentres viaxaba co seu pai.[1][5]

En 1930, seguindo o seu irmán máis vello Charles Pollock, mudouse a Nova York, onde ambos os dous estudaron con Thomas Hart Benton na Art Students League. A temática rural de Benton tivo pouca influencia na obra de Pollock, pero o seu uso rítmico da pintura e a súa feroz independencia si permaneceron.[1] A principios da década de 1930, Pollock pasou un verano viaxando polo oeste estadounidense co seu compañeiro Glen Rounds e o seu profesor Benton.[6][7]

Carreira

editar

Pollock comezou co uso da pintura líquida en 1936 nun obradoiro en Nova York co muralista David Alfaro Siqueiros. Despois usou pingas de pintura como unha das súas técnicas en lenzos a principios da década de 1940, como en Male and Female e Composition with Pouring I. Tras mudarse a Springs, comezou a pintar coas súas teas colocadas no chan do estudio, e desenvolveu o que se chamou dripping ("gotexamento"), técnica de pintura creada por Max Ernst, na cal pingaba a tinta sobre as súas inmensas teas: as pingueiras escorregaban formando trazos harmoniosos e parecían entrelazarse na superficie da tea.

Entre 1938 e 1942 traballou para WPA Federal Art Project.[8] Durante este tempo intentou combater o seu alcoholismo e de 1938 a 1941 tratouse con psicoterapia jungiana co Dr. Joseph Henderson e coa Dra. Violet Staub de Laszlo en 1941–42. Henderson enganchouno coa arte, animándoo a debuxar. Os conceptos e arquetipos jungianos foron expresados nas súas pinturas.[9][10]

Pollock asinou un contrato con Peggy Guggenheim en xullo de 1943. Recibiu dela a encarga de crear Mural (1943), que mide aproximadamente 2,44×6 metros[11] para a súa nova casa. Por suxestión do seu amigo e conselleiro Marcel Duchamp, Pollock pintou a obra sobre tea en lugar de sobre a parede para que puidese transportarse. Tras ver o gran mural, o crítico de arte Clement Greenberg escribiu: "Boteille un ollo e pensei, 'Agora isto é grande arte', e souben que Jackson era o maior pintor que este país producira".[12] O catálogo que presentaba a súa primeira exposición describía o talento de Pollock como "...volcánico. Ten lume. É impredicible. É indisciplinado. Esparéxese del mesmo nunha prodigalidade mineral, aínda non cristalizada".[13]

Casou coa pintora Lee Krasner en 1945, que se converteu nunha importante influencia na súa carreira e no seu legado.

Pollock foi moi importante para o dripping; o cadro "UN" é un exemplo desa técnica. Pintaba coa tea colocada no chan para se sentir dentro do cadro. Pollock partía do cero: da pingueira de tinta que deixaba caer na tea elaboraba unha obra de arte. Alén de deixar de lado o cabalete, Pollock tampouco usaba pinceis.

A arte de Pollock combina a simplicidade coa pintura pura e as súas obras de maiores dimensións posúen características monumentais que exemplifican o seu estilo. Con Pollock comeza o auxe da "pintura de acción" (action painting). A tensión ético-relixiosa por el vivida impeleuno aos pintores da Revolución mexicana. A súa esfera da arte é o inconsciente: os seus signos son un prolongamento do seu interior. A pesar de ter o seu traballo recoñecido e con exposicións por varios países do mundo, Pollock nunca saíu dos Estados Unidos.

Últimos anos

editar
 
Tumba de Pollock xunto á de Krasner en Green River Cemetery

En 1955, Pollock pintou Scent e Search, as súas dúas últimas pinturas.[14] Non pintou nada en 1956, senón que estaba a facer esculturas na casa de Tony Smith: construcións de arame, tea metálica e xeso.[15] Modeladas con fundido en area, tiñan texturas semellantes ás que Pollock adoitaba crear nas súas pinturas.[16]

A relación entre Pollock e Krasner comezou a derrubarse en 1956, debido á continua loita de Pollock contra o alcoholismo e á súa infidelidade con Ruth Kligman.[17] O 1 de agosto de 1956, ás 10:15 pm, Pollock morreu nun accidente ocorrido a menos dunha milla da súa casa mentres conducía o seu Oldsmobile baixo os efectos do alcohol. Unha das pasaxeiras, Edith Metzger, tamén morreu no accidente, mentres que a outra pasaxeira, a artista Ruth Kligman, sobreviviu.[18] Nese momento Krasner estaba a visitar un amigos en Europa e volveu rapidamente cando oíu a nova por un amigo.[17]

O resto da súa vida a súa viúva Lee Krasner encargouse da propiedade e asegurouse que a reputación de Pollock permanecese forte a pesar dos cambios na moda da arte. A parella está enterrada en Green River Cemetery en Springs.

Listaxe dos principais traballos

editar
  • 1942: "Male and Female" - Museo de Arte Antiga
  • 1942: "Stenographic Figure"
  • 1943: "Moon-Woman Cuts the Circle"
  • 1943: "Blue (Moby Dick)" - Museo de Arte de Andaluz
  • 1946: "Eyes in the Heat" - Colección Peggy Guggenheim
  • 1946: "The Key" - Instituto de Arte de Chicago
  • 1946: "The Tea Cup" - Colección Frieder Burda
  • 1946: "Shimmering Substance", de "The Sounds In The Grass" - Museo de Arte Moderna
  • 1947: "Full Fathom Five" - Museo de Neuberger
  • 1947: "Cathedral"
  • 1947: "Convergence"
  • 1948: "Painting"
  • 1948: "Number 8"
  • 1948: "Summertime: Number 9A" - Tate Modern
  • 1950: "Lavender Mist: Number 1, 1950" - National Gallery of Art
  • 1950: "Autumn Rhythm: Nº 30, 1950"
  • 1950: "One: Nº 31, 1950"
  • 1951: "Number 7"
  • 1952: "Blue Poles: Nº 11, 1952"
  • 1953: "Easter and the Totem" - Museo de Arte Moderna
  • 1953: "Ocean Greyness"
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Piper, David (2000). The Illustrated History of Art. London: Chancellor Press. pp. 460–461. ISBN 0-7537-0179-0. 
  2. Friedman, B.H. (1995). Jackson Pollock : energy made visible (1 ed.). New York: Da Capo Press. p. 4. ISBN 0-306-80664-9. 
  3. 3,0 3,1 Solomon, Deborah (2001-06-26). Jackson Pollock: A Biography (en inglés). Cooper Square Press. pp. 15–16, 21. ISBN 9781461624271. 
  4. "Our Lady of Loretto Elementary School: Local History Timeline". Arquivado dende o orixinal o 15-07-2011. Consultado o 24-6-2011. 
  5. Sickels, Robert (2004). The 1940s. Greenwood Publishing Group. p. 223. ISBN 0-313-31299-0. 
  6. "Glen Rounds". North Carolina Literary Hall of Fame. Consultado o 15-9-2014. 
  7. "Malcolm Blue Society Celebrates 40 Years". ThePilot.com. 8-7-2013. Consultado o 15-9-2014. 
  8. "Jackson Pollock". The American Museum of Beat Art. Arquivado dende o orixinal o 25-09-2007. Consultado o 28-9-2007. 
  9. "Abstract Expressionism, Jackson Pollock's "Psychoanalytic Drawings" Paintings". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 25 de agosto de 2017. 
  10. Stockstad, Marilyn (2005). Art History. Upper Saddle River, New Jersey: Pearson Education, Inc. ISBN 0-13-145527-3. 
  11. Finkel, Jori (June 26, 2012). "Pollock painting to get the Getty touch". Los Angeles Times. 
  12. Jackson Pollock, Mural (1943) Arquivado 11 de xullo de 2015 en Wayback Machine. University of Iowa Museum of Art, Iowa City.
  13. Sweeney, James Johnson, Catalog- Introduction- Pollock's First Exhibition, New York, 1943.
  14. Abstract Expressionism in 1955 Arquivado 25 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Retrieved August 28, 2009.
  15. "Biography". Jackson-pollock.com. Consultado o 28-9-2007. 
  16. "Jackson Pollock & Tony Smith: Sculpture, An Exhibition on the Centennial of their Births, September 7 - October 27, 2012", Matthew Marks Gallery, New York.
  17. 17,0 17,1 Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 95
  18. Varnedoe, Kirk and Karmel, Pepe, Jackson Pollock: Essays, Chronology, and Bibliography, Exhibition catalog, New York: The Museum of Modern Art, Chronology, p. 328, 1998, ISBN 0-87070-069-3

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar