Alexander Calder

artista estadounidense (1898–1976)

Alexander Calder, nado o 22 de xullo de 1898 en Lawnton (Pensilvania) e finado o 11 de novembro de 1976 en Nova York, foi un escultor estadounidense inventor da escultura móbil. Antes de ser escultor foi pintor e ilustrador.

Alexander Calder
Alexander Calder 1947 - Photo by Carl Van Vechten.jpg
AlcumeCalder, Sandy, 1898-1976;
Nacemento22 de xullo de 1898
Lugar de nacementoLawnton e Filadelfia
Falecemento11 de novembro de 1976
Lugar de falecementoNova York
Causadoenza cardiovascular
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma mátercasa, Académie de la Grande Chaumière e Stevens Institute of Technology
Ocupaciónescultor, pintor, fotógrafo, deseñador, jewelry designer, artista gráfico, ilustrador, gravador, draftsperson e debuxante
PaiAlexander Stirling Calder
Coñecido porAraignée rouge, Flamingo, Horizontal e Man, Three Discs
PremiosGolden Lion, Goslarer Kaiserring e Medalla Presidencial da Liberdade
Na rede
http://www.calder.org
Discogs: 2381859 WikiTree: Calder-951 Find a Grave: 9396055 Editar o valor em Wikidata
Firma di Alexander Calder sul Teodelapio a Spoleto.JPG
editar datos en Wikidata ]

Calder ocupa lugar especial entre os escultores modernos. É o creador dos stabiles, sólidas esculturas fixas, e dos móbiles, placas e discos metálicos unidos entre si por fíos que se axitan tocados polo vento, asumindo as formas máis imprevistas –a súa arte, segundo Marcel Duchamp, “é a sublimación dunha árbore ao vento”–.

TraxectoriaEditar

Fillo e neto de escultores, súa nai foi pintora. Estudou enxeñería mecánica.[1] En 1872 asistiu á Liga de Estudantes de Arte dos Ánxeles, onde coñeceu algúns artistas da escola Harry P que exerceron grande influencia na súa obra.

Coñecido como o inventor do mobile (escultura móbil) ou chupin (xoguete móbil pendurado) converteuse así nun dos precursores da escultura cinética.

En 1926, despois de visitar Gran Bretaña, fixouse en París, onde coñeceu surrealistas, dadaístas e os compoñentes do grupo De Stijl. Data desa época a súa amizade con Joan Miró. Construíu un circo en miniatura, con animais de madeira e arame. Aos seus “espectáculos” asistían artistas e intelectuais. Fixo, tamén en arame, as súas primeiras esculturas: Josephine Baker (1926), Romulu and Remus (1928), Spring (1929).

De 1931 datan as súas primeiras construcións abstractas, nitidamente influenciadas por Mondrian. Os primeiros móbiles son de 1932.

En 1933 Calder volveu para os Estados Unidos. En 1948 viaxou a América do Sur e novamente en 1959. Nesa última ocasión, visitou o Brasil, onde expón no Museo de Arte de São Paulo. En 1950 foi a Escandinavia.

Nos seus últimos anos mantiña un estudio en Saché, preto de Tours e aínda que vivise aí a maior parte do tempo, conservou a súa propiedade de Roxbury, Connecticut, mercada en 1933, e que se tornara un verdadeiro repositorio de traballos e obxectos feitos por el –desde os andirons espiralados da lareira rústica até as bandexas feitas con latas de aceite italiano–.

A finais da década de 1940 e principios da de 1950 colaborou co arquitecto Carlos Raúl Villanueva no deseño das famosas "Nubes flotantes" da Aula Magna da Universidade Central de Venezuela, declarada Patrimonio da Humanidade xunto co campus da Universidade en Caracas. Esa colaboración de Villanueva e Calder iniciou unha longa relación de traballo entre a parella, aínda que Calder só viu a sala completada unha vez, en 1955.

[2][3]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. The Engineer Behind Calder's Art Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. 1998, Mechanical Engineering Magazine. Páxina accedida o 7 de xaneiro de 2011. (en inglés)
  2. Boulton, Alfredo (2008). Alfredo Boulton and His Contemporaries: Critical Dialogues in Venezuelan Art, 1912-1974 (en inglés). The Museum of Modern Art. ISBN 978-0-87070-710-0. 
  3. Jaimes, Brithney Morales (2017). "Las nubes de Calder en el Aula Magna. Villanueva y la sintesis de las artes". Gestión I+D (en castelán) 2 (1): 133–137. ISSN 2542-3142. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar