Abrir o menú principal

Theo van Doesburg Composition VII (the three graces).jpg

De Stijl (en galego O estilo, pronunciado [də ˈstɛɪl]) tamén coñecido as veces como neoplasticismo, foi un movemento artístico holandés nado no ano 1917. O termo De Stijl úsase para referirse a un obxecto creado por artistas holandeses entre os anos 1917 e 1931. De Stijl tamén foi o nome dun xornal fundado polo crítico Theo van Doesburg, que facía propaganda das teorías do grupo.[1]

Índice

HistoriaEditar

Ademais de Van Doesburg, os principais membros do grupo eran os pintores Piet Mondrian e Bart van der Leck, e os arquitectos Gerrit Rietveld e J.J.P. Oud. A Filosofía artística na que se apoiaba o grupo era o Neoplasticismo ; a nova arte plástica (ou Nieuwe Beelding en neerlandés).

De Stijl propoñía unha Utopía ideal e espiritual de harmonía e orde. Evocaban a máis pura arte abstracta reducíndose as máis simples formas e cores. Eles facían simples composición visuais en vertical e horinzontal usando só cores primarias xunto co negro e branco.

Principios e influenciasEditar

O movemento De Stijl foi influenciado polo Cubismo,xunto con outros mitos e ideas sobre a forma xeométrica ¨ideal¨ (como a ¨perfecta liña recta¨) na Filosofía neop´latónica de matemático M. H. J. Schoenmaekers. Os traballos do De Stijl tamén foron influenciados polo estilo internacional da arquitectura e deseño de roupa e interiores do Bauhaus .

Na música, De Stijl só se influenciou do compositor Jakob van Domselaer. Entre 1913 e 1916 compuxo o seu Proeven van Stijlkunst ('Experimentos na arte artística'), inspirado polas pinturas do seu amigo Modrian.

Lista dos neoplasticistasEditar

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar