Arte da Idade Media
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A arte medieval ou historia da arte medieval ocupou unha basta extensión de tempo da historia da arte, uns 1000 anos, así como amplos territorios, como o oeste de Europa e o norte de África.
Os historiadores clasifican á arte medieval como un gran período artístico, aínda que dentro deste poderíanse facer varias subdivisións das que son exemplo: arte paleocristiá, arte prerrománica, arte románica, arte gótica, arte bizantina, arte islámica etc. Ademais cada "pobo" ou cultura da Idade Media tivo o seu propio estilo como a arte anglosaxoa ou a arte viquinga.
A arte medieval produciuse en moitos medios, e as obras sobreviven en gran cantidade en esculturas, manuscritos iluminados, vidreiras, traballos en metal e mosaicos, todos os cales tiveron unha taxa de supervivencia máis alta que outros medios, como pinturas murais ao fresco, traballos en metais preciosos ou téxtiles, incluíndo tapices. Especialmente na primeira parte do período, as obras das chamadas "artes menores" ou artes decorativas, como a carpintería metálica, a talla de marfil, o esmalte vítreo e os bordados con metais preciosos, probablemente foron máis valoradas que as pinturas ou a escultura monumental.[1]
A arte medieval en Europa xurdiu da herdanza artística da Roma Antiga e das tradicións iconográficas da igrexa primitiva cristiá. Estas fontes mesturáronse coa vigorosa cultura artística "bárbara" do norte de Europa para producir un notable legado artístico. De feito, a historia da arte medieval pode verse como a historia da interacción entre os elementos da arte clásica, paleocristiá e "bárbara".[2] Ademais dos aspectos formais do clasicismo, existía unha tradición continua de representación realista dos obxectos que sobreviviron na arte bizantina ao longo do período, mentres que en Occidente aparece de forma intermitente, combinando e ás veces competindo coas novas posibilidades expresionistas desenvolvidas en Europa occidental e no legado do norte de elementos decorativos. O período rematou coa recuperación renacentista das habilidades e valores da arte clásica, e o legado artístico da Idade Media foi entón menosprezado durante algúns séculos. Desde o renacemento do interese e da comprensión no século XIX, foi visto como un período de enormes logros subxacente ao desenvolvemento da arte occidental posterior.
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
editar- ↑ Dormer, Peter (1997). How strange the change from major to minor; hierarchies and medieval art. Manchester University Press. ISBN 9780719046186.
- ↑ S. Kleiner, Fred (2009). Gardner's Art Through the Ages: A Global History. Thomson Wadsworth. ISBN 9780495410584.