Max Bill

arquitecto, artista e educador suízo

Max Bill, nado en Winterthur (Suíza) o 22 de decembro de 1908 e finado en Berlín (Alemaña) o 9 de decembro de 1994, foi un arquitecto, pintor, escultor, deseñador gráfico, tipográfico e industrial, publicista e educador suízo. Estudou na Kunstgewerbeschule de Zúric e na Bauhaus de Dessau. Foi o primeiro reitor da escola HfG de Ulm e formou parte do grupo Abstraction-Création desde 1932 até 1937. Organizou a exposición circulante Die gute Form (1949).

Max Bill 1970
Reloxo de cociña deseñado por Max Bill para Junghans.
Escultura para o centro Mercedes-Benz de Stuttgart

Traxectoria editar

De 1924 a 1927 estudou ourivaría na Kunstgewerbeschule de Zúric, onde foi influído polo dadaísmo e o cubismo. De 1927 a 1929 estudou artes na Bauhaus de Dessau, onde se aproximou ao funcionalismo do deseño con profesores como Vasili Kandinski, Paul Klee e Oskar Schlemmer.

Cando terminou os seus estudos regresou a Zúric Trpara dedicarse á pintura, a arquitectura e o deseño gráfico. En 1930 crea o seu propio estudo de arquitectura e forma parte da Deutscher Werkbund . En 1931 adoptou a teoría da «arte concreta» de Theo van Doesburg, segundo a cal era posible alcanzar a universalidade coa claridade. En 1932 traballou como escultor e adheriuse a algunhas organizacións artísticas como a Abstraction-Création, o grupo de artistas Allianz de Suíza, o Congrès Internatonal d'Architecture Moderne (CIAM) e a Union deas Artistes Modernes (UAM), de París. En particular explorou as posibilidades plásticas escultóricas da banda de Möbius. Conta Marta Macho que el pensou que era o descubridor dese tipo de superficies, e que sentiu frustración ao saber que se coñecían desde había un século, e até deixou un tempo de traballar con esas formas.

En 1944 levou a cabo unha primeira incursión no campo do deseño industrial, co deseño dun reloxo de aluminio para Junghans, firma coa que colaborou durante varios anos realizando modelos de reloxos de parede, de cociña e de pulseira con estilo racionalista e estética industrial. Un deses reloxos de parede está exposto no Museo de Arte Moderna (MoMA) de Nova York. Os reloxos de pulseira Junghans «Max Bill» séguense producindo e son apreciados polos afeccionados e coleccionistas de reloxos. Deseñou unha banqueta minimalista, o Ulmer Hocker (1954), un dos seus deseños máis coñecidos.

Organizou a exposición "Die gute industrieform", que pretendía fomentar a alta calidade dos obxectos de deseño industrial.

En 1951 fundou xunto a Inge Scholl e Otl Aicher, a Hochschule für Gestaltung en Ulm, Alemaña (HfG Ulm), unha escola de deseño que continuaba a tradición da Bauhaus. Nesta institución foi reitor e director dos departamentos de arquitectura e deseño de produción entre 1951 e 1956. Nesta escola Bill defendeu o funcionalismo e o formalismo xeométrico da Bauhaus, xa que cría que as formas baseadas nas leis matemáticas posuían unha pureza estética, e por tanto, universalidade.

Os seus proxectos tentaban representar a complexidade matemática da Nova Física de principios do século XX. Tratou de crear obxectos a fin de que esta nova ciencia da forma pode ser entendido polos sentidos. Un bo exemplo diso é o seu traballo antedito coa banda de Möbius.[1] Esta aproximación ao deseño logo foi continuada por Hans Gugelot na mesma HfG de Ulm.

En 1957, e tras abandonar a HfG de Ulm, fundou o seu propio estudo en Zúric e dedicouse á escultura, a pintura e a arquitectura. En 1964 foi nomeado arquitecto xefe do pavillón de "Educación e creación" na Exposición Nacional de Suíza e membro honorario do American Institute of Architects.

Desde 1967 até 1971 foi membro do Consello Nacional de Suíza, e logo profesor na Staatliche Hochschule für Bildende Künste de Hamburgo e presidente de Deseño Ambiental, de 1967 a 1974. En 1973 foi nomeado membro asociado da Real Academia de Ciencias, Literatura e Arte de Flandres, en Bruxelas. En 1976 converteuse en membro da Academia das Artes de Berlín. 

Distincións editar

  • Premio honorífico, Triennale de Milán, 1936
  • Premio Kandinsky, 1949.
  • Primeiro premio internacional da Bienal de Arte de São Paulo, Brasil, 1951.
  • Gran Premio da Triennale de Milán, 1951
  • Premio á arte da cidade de Zúric, 1968
  • Doutor honoris causa da Universidade de Stuttgart, 1979
  • Gran Cruz do Mérito da República Federal Alemá, 1985
  • Cabaleiro da Orde das Artes e Letras, Francia, 1985
  • Doutor honoris causa da Escola Politécnica Federal de Zúric, 1994

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fiell, Charlotte y Peter (2006). El diseño industrial de la A a la Z. Köln: Taschen. ISBN 3-8228-5055-1. 
  • Roberto Fabbri: Max Bill in Italia, O spazio logico dell'architettura, Bruno Mondadori editore, Milán, 2011, ISBN 9788861596061
  • Roberto Fabbri: Max Bill. Espaces, Infolio Éditions, Gollion - París, 2017, ISBN 9782884744638
  • Jakob Bill: Max Bill am Bauhaus. Benteli, Bern 2008, ISBN 978-3-7165-1554-9.
  • Max Bill: Funktion und Funktionalismus. Schriften 1945–1988. Benteli, Bern 2008, ISBN 978-3-7165-1522-8.
  • Max Bill: HfG Ulm: Drawing and Redrawing: Atelierwohnungen, Studentenwohnturm , von Thomas Reinke (Autor), Gordon Shrigley (Autor), Verlag: marmalade, 2006, ISBN 978-0954659714
  • Max Bill, Retrospektive. Skulpturen Gemälde Graphik 1928–1987. Katalog Schirn Kunsthalle, Frankfurt/Zürich/ Stuttgart 1987 (Texte Christoph Vitali, Eduard Hüttinger, Max Bill) ISBN 3-922608-79-5
  • Thomas Buchsteiner/Otto Lotze: max bill, maler, bildhauer, architekt, designer, Ostfildern-Ruit 2005, ISBN 3-7757-1641-6
  • Luciano Caramel, Angela Thomas: Max Bill. Pinacoteca Communale Casa Rusca, Locarno / Fidia Edizione d'Arte, Lugano 1991 ISBN 8872690110
  • Eduard Hüttinger: Max Bill. abc Verlag, Zürich 1977 ISBN 3-85504-043-5
  • Eduard Hüttinger: Max Bill. Edition Cantz, Stuttgart 1987 (erweiterte Ausgabe) ISBN 3-922-608-79-5
  • Arturo Carlo Quintavalle: Max Bill. Università Commune Provincia dei Parma, Quaderni 38, 1977
  • Emil Schwarz: Im Wissen der Zeit oder Der Sinn, dean die Schönheit erzeugt, Hommage à Max Bill, ein dichterischer Nachvollzug mit dem Essay Wirklichkeit oder Realität, NAP Verlag, Zürich 2010, ISBN 978-3-9523615-4-2
  • Werner Spies: Kontinuität. Granit-Monolith von Max Bill. Deutsche Bank 1986 ISBN 3-925086-01-3
  • Angela Thomas: Max Bill. Fondation Saner, Studen 1993
  • Udo Weilacher: '"Kontinuität (Max Bill). in: Udo Weilacher: Visionäre Gärten. Die modernen Landschaften von Ernst Cramer Basel Berlin Boston 2001 ISBN 3764365684
  • Filme «Max Bill, das absolute Augenmass», Doku von 2008, 1:35 h, auf 3sat.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar